viernes, 5 de junio de 2020

STAJ insta ó Ministerio a axilización dos procesos selectivos coa asunción das medidas de seguridade necesarias


 STAJ presentou escrito ó Ministerio de Xustiza no que solicitamos que, de forma urxente, se axilíce a tramitación de tódolos procesos selectivos abertos na administración de xustiza, así como que se proceda a realizar todas aquelas xestións necesarias para garantir a máxima seguridade dos opositores; en concreto as seguintes:

1.- Que se permita a realización dos exercicios pendentes dentro da provincia de residencia do opositor solicitante, ao obxecto de evitar desprazamentos e en todo caso mantendo o ámbito polo que se presentou.

2.- Que se reserven aulas suficientes, en tódalas provincias, para a realización dos exercicios pendentes, a fin de garantir o distanciamento interpersoal.

3.- Que se dispoña de xel  hidroalcohólico en cada unha das aulas que se habiliten para a realización dos exercicios.

4.- Que se estableza a obrigatoriedade de levar e utilizar máscara adecuadamente, para poder entrar e realizar a proba correspondente.

Pedimos tamén que o máis axiña posible, se publíquen na súa páxina web información destes procesos, datas para a realización de exercicios pendentes así como as listaxes de admitidos de auxilio xudicial e os de méritos definitivos da quenda de promoción interna de xestión e tramitación.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras