STAJ acaba de presentar escrito na Dirección Xeral de Xustiza reiterando que se actualice o expediente electrónico daquelas persoas que así o solicitaron e xustificaron.
A día de hoxe, a Dirección Xeral segue sen actualizar o expediente electrónico das persoas que o solicitan, a pesar de remitir as actualizacións vía electrónica (a recomendada) vía fax e vía correo con acuse de recibo. A mensaxe sempre é a mesma "recibida a mesma polo servizo de persoal, procederase á validación que corresponda". Pero non fan nada. Ademáis, tamén se solicita que faga un mantemento dos expedientes, como pode ser a incorporación dos títulos de galego, ou demais acreditacións outorgadas por este organismo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras