jueves, 4 de junio de 2020

O Ministerio regula as vacacións para o seu ámbito territorial e para LAJs sen consenso cos Sindicatos

Trala a reuniónde onte cos sindicatos STAJ, CCOO, CSIF, UGT, CIG, e ELA na que non houbo acordo, o ministerio enviounos os borradores definitivos das Instruccións sobre vacacións, onde se recollen os criterios xerais para súa concesión tanto dos funcionarios dos corpos xerais da Administración de Xustiza no ámbito do Ministerio de Xustiza e para  os Letrados da dita Administración.

Os borradores son definitivos, polo que falta solo que se asinen e se publiquen, non se van a negociar mais, e ainda que mellorou os porcentaxes de persoal que poida pedir as vacacións en agosto, non é para nada o que agardábamos, e por contra, nunha especie de vendetta do Ministro, retira a posibilidade de ampliar o prazo de disfrute das vacacións ata o 31 de marzo de 2021, e a posibilidade de coller ata 12 días de vacacións soltos ao ano, posisibilidades ambas, que se recollian no primeiro borrador que nos pasou. 

Con respecto os porcentaxes que si se melloraron minimamente, agora durante os 10 primeiros días do mes de agosto a plantilla máxima que podrá traballar será entre o 10 e 0 20%.

Durante o resto de días do mes de agosto será entre o 20 e o 30% da plantilla. Durante o mes de xullo e setembro, non poderán disfrutar de vacacións simultáneamente un número de funcionarios que supere o 20 e o 30%. Todo isto afectará a os funcionarios tamén do Imelga, Fiscalías e órganos xurisdiccionais.
 
Esta Instrucción é un atropello ós nósos dereitos adquiridos e consolidados durante anos, e en nada tememos que sirva para paliar o colapso xudicial que se prevé, polo tanto o Ministerio encontrará a oposición frontal de STAJ de levarse a cabo a súa pretensión.

En Galicia STAJ loitará para que as vacacións sexan coma tódolos anos, non consentiremos un ataque os nósos dereitos as vacacións anuais, que non ten mais  fundamento que contentar a uns cantos profesionais que se sinten perxudicados.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras