No dia de onte, o Ministerio remitiunos
borrador da Orde que vai regular a terceira fase da desescalada con cambios significativos en relacion
á proposta realizada no seu inicio. O inicio desta FASE 3 será o martes día 9 de xuño.
Cabe
destacar a pretensión do Ministerio respecto de varios puntos que vos deixamos:
* Tódolos funcionarios desta Administración
que actualmente se atopen de permiso por deber inescusable, manterán a súa
vixencia na nova fase 3, salvo incorporacións por necesidades do servizo. O
permiso por deber inescusable afectará os empregados da Administración de
Xustiza con fillos/fillas menores de 14 anos (os fillos de 14 ou máis anos non
darán lugar á renovación deste permiso, salvo que se acrediten outras
circunstancias de dependencia), ou con persoas maiores dependentes, que non
puidesen flexibilizar o seu horario de traballo coas alternativas existentes no
seu ámbito territorial, ou que non puidesen desenvolver a actividade ordinaria
na modalidade de teletraballo.
*
Quendas de tardes: séguese mantendo o criterio sanitario única e exclusivamente
para o seu establecemento.
*
Traballadores de especial sensibilidade. Non poderá ser chamado a prestar
servizos de forma presencial o persoal que teña recoñecidos permisos por
patoloxías susceptibles de agravarse por efecto da exposición ao COVID-19, en
tanto non se verifique pola autoridade competente en que condicións pode
prestar servizo presencial en situación de seguridade. Estes funcionarios,
sempre que existan medios materiais para iso, prestarán os seus servizos na
modalidade de teletraballo.
*
Teletraballo: mantense esta posibilidade a condición de que sexa autorizada
polo xefe de servizo da unidade. O horario sera de 9.00 a 14.30 horas, mais
dúas horas adicionais, e será supervisado polo xefe da unidade. Terán
preferencia para escoller esta modalidade as persoas vulnerables e os que teñan
ao seu cargo fillos menores de 14 anos ou maiores dependentes. Ademais, deberán
acudir de maneira presencial ao seu posto de traballo en xornada de mañá, polo
menos dous días á semana, agás os que se trate de funcionarios incluídos nos
grupos de risco pola súa especial sensibilidade. En ningún caso poderán prestar
simultaneamente os seus servizos en modalidade de teletraballo máis do 30 ó 40%
dos funcionarios de cada órgano ou unidade, nin máis do 30 ó 40% dos
funcionarios dos corpos de letrados da Administración de Xustiza e Auxilio
Xudicial de cada partido xudicial.
A regulación que salga do Ministerio afecta directamente a todo o territorio nacional, e a este borrador podemos remitir alegacións por escrito, que serán debatidas o venres as 9.30 nunha reunión do Ministerio cos sindicatos representativos.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras