viernes, 26 de junio de 2020

Nota aclaratora de D. X .sobre a resolución que modifica a aquela que regula as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

 Debido as diversas consultas formuladas a Dirección Xeral de Xustiza  pola aplicación da resolución do 2 de xuño de 2020 que, modifica a resolución do 7 de maio de 2008 na que se regulan as substitucions entre funcionarios ao servizo da Administación de Xustiza en Galiza,  acaba de remitir nota aclaratoria que, literalmente di o seguinte:

1. Caso de persoa que estando desempeñando unha substitución na data de publicación  da resolución (11/06/2020),  posteriormente, e de forma voluntaria, renuncia á mesma sen que teña transcorrido un período mínimo de 6 meses de desempeño.
  • Neste caso, aplicarase a penalización dun ano para poder acceder a unha nova substitución.


2. Caso da persoa que estando desempeñando unha substitución cesa nesta pola finalización da causa que a motivou (cobertura definitiva do posto por concurso, reincorporación do/a titular do posto..)  antes de perfeccionar seis meses de desempeño na substitución. Posibilidade de acceder a outra substitución dende o seu posto de destino, ao que se reincorporou ao rematar a substitución,  antes de que transcorran 6 meses dende a dita reincorporación.
  • A condición de un tempo mínimo de desempeño nos postos, tanto os obtidos con carácter definitivo como provisional, non ten excepcións. Outra cuestión é a previsión do artigo sétimo da resolución que outorga unha preferencia en futuras substitucións a aquela persoa que, desempeñando unha substitución, cesara nela antes de acadar 6 meses, salvo que o cesamento fose por renuncia. A preferencia mantense vixente, pero para aquelas substitucións que a persoa interesada solicite unha vez perfeccione 6 meses no destino dende o que participa.


3. Posible excepción da aplicación do período mínimo de 6 meses de desempeño cando a substitución que se solicita sexa no mesmo órgano onde a persoa interesada ten o seu destino definitivo.
  • A norma non fai excepción algunha e o período de 6 meses de desempeño é requisito indispensable para todas as persoas solicitantes dunha substitución.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras