Tendes a vosa disposición a posibilidade de contestar as chamadas telefónicas dende o voso ordenador de traballo sen necesidade de descolgar o terminal fixo, a través dun enlace que vos facilitará o CAU que se chama MICOLLAB.
Serve para desviar as chamadas desde a extensión corporativa do teléfono fixo da oficina ao terminal do ordenador sen necesidade de descolgar o teléfono, evitando desta forma o contacto co terminal telefónico. Para todo isto cabe a posibilidade de solicitar o uso de Micollab.
Como se configura? non require instalar ningún programa, só dispoñer de micrófono, altofalantes e conexión a internet e poderá acceder a través da ligazón que lle facilitará por correo o Centro de Xestión de Rede (CXR), xunto coa correspondente guía de axuda
Como se usa? unha vez que teña acceso, cando alguén chame á extensión fixa do posto da oficina a chamada será automaticamente redirixida ao teu ordenador e mostrarase na pantalla deste. Poderás contestar a través deste servizo e falar usando o micrófono e os altofalantes. Tamén poderás facer chamadas desde o programa, e os destinatarios verán a chamada realizada desde o teléfono fixo da oficina.
Como podo solicitalo? para solicitalo deberá dirixirse ao CAU a través da conta soporte.xustiza@xunta.gal, indicando o seu nome completo, correo electrónico de contacto e extensión sobre a que realizar a xestión. Despois das correspondentes verificacións, o CAU achegaralle nun correo electrónico as instrucións de uso do servizo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras