viernes, 19 de junio de 2020

Borrador da Dirección Xeral para tratar hoxe: teletraballo, permiso por deber inexcusable e persoal sensible

A  Dirección Xeral acaba de remitirnos o seguinte borrador da circular de cara á reunión de hoxe pola que se informa sobre a  reincorporación do persoal con permiso por deber inescusable ou especialmente sensible.


Como xa sabedes STAJ defende que siga habendo permiso de deber inexcusable para aquelas persoas que xustifiquen a imposibilidade de poder deixar aos seus maiores e menores con alguén a cargo. Tamén seguimos defendendo  o teletraballo e que as persoas sensibles teñan unha adaptación do seu posto de traballo reforzada con respecto ás persoas que non teñen unha enfermidade sensible, ben sexa mediante teletraballo, un traballo aislado do resto do persoal, quendas de tarde ou reforzo dos seus EPIS. 



Informaremos en breve con resultado da reunión

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras