Con data do pasado 20 de maio, STAJ remitiu escrito a Comisión de Seguimento do COVID do TSX de Galicia na que solicitaba que se impulsara a utilización da aplicación disposta na Sede Electronica do Ministerio de Xustiza para o outorgamento de apoderamentos apud-acta de xeito electrónico, co fin de eliminar o exceso de aforo nas dependencias xudiciais.
Pois ben, onte, na reunión mediante videoconferencia ca DXX, o Director Xeral de Xustiza adiantounos que a Comisión de Seguemento fixo caso o escrito presentado por STAJ, e acordou dúas vías paralelas para poder outorgar os poderes, aparte da presencial.
Os cidadáns que dispoñan de certificado electrónico poderán facer o poder apud-acta directamente dende a Sede Electronica do Ministerio de Xustiza.
A outra vía, que xa se está levando a cabo en Murcia e Cataluña, é para quen non teña certificado electrónico, que poderá acudir o despacho do procurador/abogado/graduado social do que van a solicitar a súa representación, e asinará un documento en papel onde autorizan ao mesmo a presentar o apoderamento na Sede Electrónica, facendoo este no nome do poderdante. En Galicia esta vía está agora mesmo en estudio de viabilidade legal, nombrándose por o TSXG un ponente que determine a súa conformidade as normas legais.

Esta é unha máis das solicitudes que se están aceptando e acordando polas administracións e órganos xudiciais, que dende STAJ estamos a presentar para que se siga preservando a saúde e integridade dos funcionarios da Administración de Xustiza.
Deixamos o escrito presentado o 20 de maio deste ano.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras