Debido ao comezo da desescalada e tras as diferentes fases que se
van a desenvolver na Administración de Xustiza, o sindicato STAJ mostra a súa preocupación ante a
celebración dos xuízos, xa que nas salas de vistas prodúcense situacións nas
que de maneira habitual a distancia entre persoas traballadoras, ou entre estas
e outras persoas concorrentes no devandito espazo, é inferior a 2 metros de
distancia e na que por tanto pódese producir un contacto estreito cun caso
posible, probable ou confirmado de infección por Covid-19.
Solicitamos que se dispoña dun sistema de biombos separadores de metacrilato, non só é necesario asegurar
a distancia mínima de seguridade de polo menos dous metros senón que con
carácter previo á celebración da vista, deberíase determinar o aforo máximo da
zona de público, con obxecto de poder controlar o acceso á sala, debendo
realizarse co menor número posible de
público.
STAJ solicita tamén de forma obrigatoria, o uso de máscaras e
luvas, que deberían de ser distribuídas con carácter previo ao comezo da
celebración da vista, xel hidroalcoholico e toallitas desinfectantes, para o seu uso
durante a celebración da vista.
Considera necesario que cada sala de
vistas debe dispoñer dunha papeleira con
tapa, accionable por pedal, para
depositar o material desechable
(máscaras, luvas, fundas de micrófono,
toallitas desinfectantes), tamén cremos conveniente o uso de fundas para o micrófono, que deberán
ser instaladas ao comezar a vista polo usuario do mesmo e depositala nas
papeleiras que se habiliten ao remate da vista.
No acceso de persoas ás salas de
vistas, débese evitar tocar as
acreditacións e outros documentos que exhiban as diferentes persoas que
deban acceder á sala de vistas. Propoñemos que se habilite unha mesa ou soporte
no vestíbulo previo á sala de vistas, cunha pantalla de protección, podendo así
mostrar a documentación de forma segura.
STAJ pensa que é imprescindible que
a distancia de seguridade deba
garantirse tamén nas zonas comúns e,
en calquera caso, solicitamos que se eviten aglomeracións de persoas así como
reunións de profesionais con clientes, testemuñas ou peritos nos vestíbulos
previos ás salas de vistas.
Igualmente débense coordinar os sinalamentos, sobre todo no caso de que se
produzan vistas en salas contiguas, para evitar a confluencia dun gran número
de persoas nas zonas comúns.
Ademais deberase intensificar a limpeza e desinfección das
Salas de Vistas, en especial en todas as superficies de contacto e
elementos de uso común, como poden ser as mesas, cadeiras, biombos de separación,
micrófonos, os equipos informáticos, equipos de son e gravación, etc.
POR TODO
O EXPOSTO ANTERIORMENTE, O SINDICATO
STAJ SOLICITA A DIRECCIÓN XERAL
DE XUSTIZA QUE, DE MANEIRA URXENTE, DESENVOLVA
UNHA GUÍA DE ACTUACIÓN NAS SALAS DE VISTAS.