martes, 12 de mayo de 2020

Interpretación das quendas do Corpo de Auxilio.

Despois de que ao Director Xeral se lle explicase na reunión que tal como estaba redactada a Resolución o persoal se Auxilio debían ir nunha quenda aparte do resto de persoal do xulgado, o Director optou por deixar o texto como estaba, permitindo, e obrigando, con esta deixadez, que os Secretarios Coordinadores e os propios LAJs sexan os que interpreten a Resolución, e dándose casos onde se integra ao persoal de Auxilio na quenda dos xulgados e casos onde se fai unha quenda de auxilios para tódolos xulgados da mesma clase que exista en cada localidade. Nós témolo claro, o literal da Resolución no deixa lugara a dúbidas, os Auxilios van nunha quenda aparte, pois di a norma:

A quenda de asistencia dos funcionarios do corpo de auxilio xudicial establecerase en función dos destinados en órganos do mesmo tipo en cada partido xudicial, sempre que exista máis dun de cada tipo. En caso contrario, deberán acudir un día de cada dous.

Despois de que varios LAJs que viron que uns facían unha cousa e outros outra, decidiran consúltalo cos Secretarios Coordinadores, en base ao disposto no artigo 26 do Real Decreto- Ley 16/2020 de 28 de abril, que lle da facultades extraordinarias aos Coordinadores, e co visto bo da DXX, recomendan, pois non poden obrigar aos Lajs a interpretar pero si lles marcan a dirección do seu parecer no caso dun posible recurso, que esa Resolución se interprete no sentido de que oa Auxilios queden integrados na quenda dos xulgados co resto de persoal.

Non houbo unha resolución da DXX nesta crise, e xa levamos unhas cantas, que fose clara e non se dise a confusión, nin copiando lles sale ben. 



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras