miércoles, 1 de abril de 2020

STAJ INFORMA:Entregas de material de protección fronte ao risco do COVIT 19

Onte, a D,X mandou un correo informativo para comunicar o seguinte:
  •   por agora, procedeuse ao envío de xel hidro-alcohólico e caixas de luvas aos edificios xudiciais da comunidade autónoma de Galicia, en particular, aos xulgados que realizan gardas, así como a aqueles centros que teñen maior contacto co público (SCACE, rexistros civís, xulgados de violencia, oficinas de atención as vítimas e ao cidadán…).
  • Remitironse botes de  xel hidro-alcohólico e caixas de luvas aos xulgados de paz que están atendidos por funcionarios da Administración de Xustiza.​
  • estanse a distribuir mamparas e mascarillas para a totalidade dos rexistros civís da comunidade (incluídos os xulgados de paz que  están atendidos por funcionarios de xustiza) e para os xulgados de garda das sete cidades. 

De acordo coa  comunicación realizada polo Ministerio de Xustiza na que informaba da xestion para a adquisición de diverso material para a prevención individual do contaxio do COVID-19 e que, no marco da encomenda realizada pola Orde SND/261/2020, do 19 de marzo, para a coordinación da actividade profesional dos membros dos corpos de funcionarios en todo o territorio do Estado, realizarían un reparto e distribución do dito material; recibiranse máis unidades de material (xel, guantes e mascarillas) para a súa distribución nos xulgados. 

Unha vez que o Ministerio informe do material que correspondería a comunidade galega e a sua distribución, seguiremos informando.

Protocolo de distribución y reparto de material de prevención

STAJ, sindicato independente e especí fico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras