lunes, 20 de abril de 2020

PASOS PARA PODER TELETRABALLAR NA ADMÓN DE XUSTIZA DE GALICIA

Temos que aclarar que traballar dende a casa non evita que teñas que ir a traballar presencialmene o día che toque nas quendas que se fixeron no Xulgado, Fiscalía, etc.


Os/as LAJs teñen instruccións para ofrecer ao seu persoal a posibilidade de      teletraballar, esta é unha opción voluntaria, non poden obrigarte, se non che    ofreceran esa opción podes pedila ti directamente, informando previamente ao teu LAJ.

Unha ves que teñas claro que queres traballar deste xeito, debes mandar un mail a esta conta de correo electrónico do CAU : soporte.xustiza@xunta.gal. Eso sí, debe ser dende a tua propia conta do correo corporativo @xustiza.gal.

Nese mail debes poñer o teu nome,  apelidos, o DNI, o posto de traballo que ocupas (corpo e xulgado ou oficina) e o número do  equipo informático  co que trabállades no xulgado.

O CAU abrirá unha incidencia e pasado un tempo, de momento, hai acompañeiros/as que lles contestaron no mesmo día, mándanche un correo electrónico que reproduciremos integro ao final desta información.

Unha vez que instales no teu ordenador, eles axúdanche a facelo se non as tes xa instaladas, as aplicacións necesarias que che recomenda o CAU, poderas entrar coas claves que utilizas no posto de traballo, e xa estarás conectado en remoto VPN  co teu ordenador do traballo, e xa podes visualizar e traballar dende todas e cada unha das aplicacións e programas cos que contas no posto de traballo na oficina xudicial. En caso de teres algún problema, se necesitas axuda ou algunha aclaración as dúbidas que che poidan xurdir,  podes chamar a este número do CAU 981 546 223

O teu ordenador privado debe contar con antivirus e non debes apagar o ordenador do posto de traballo, e terás que cumprir coa política de Acceso Remoto Corporativo da Xunta que poderás ver unha vez establecida a VPN, nesta ligazón:
http://ficheiros-,intranet.xunta.es/manuais/seguridade_lopd/GLOBAL_PL_AccesoRemotoCorporativo.pdf
.

Tamen podes entrar nesta ligazón da Xunta donde tes recomendacións de uso e seguridade para o teletraballo:  

Igualmente recibiras no mail que che mandan o  seguinte manual de acceso:

Deixamos ao completo o mail que  manda o CAU unha vez recibida a túa solicitude:

Estimada/o usuaria/o,
En relación coa prestación do servizo de conexión remota á Rede Corporativa da Xunta de Galicia mediante unha Rede Privada Virtual, achegámoslle neste correo o manual coas intruccións para a súa configuración. O seu acceso será mediante o usuario e contrasinal do Directorio Activo da Xunta de Galicia.

Informámoslle da obligatoriedade de cumprir a Política de Acceso Remoto Corporativo que está accesible na seguinte ligazón que poderá ver unha vez establecida a VPN:

Está publicada na web e na intranet da Xunta de Galicia información en relación aos medios tecnolóxicos e o modo de acceder a eles para aqueles empregados públicos que estén desenvolvendo a súa actividade en modalidade de teletraballo. Estas páxinas iranse completando con información adicional que poida ser de utilidade, incluindo consellos en relación as medidas de seguridade que é aconsellable ter en consideración.
Información na web da Xunta de Galicia: https://www.xunta.gal/recomendacions-teletraballo
Información na intranet da Xunta de Galicia: https://intranet.xunta.gal/recomendacions-teletraballo
Agardamos que esta información lle facilite o uso dos medios tecnolóxicos que están a súa disposición e axude ao desempeño das súas funcións nesta situación excepcional. Tamén lle informamos que as canles de soporte técnico mantéñense operativas a través dos teléfonos e contas de correo habituais dos Centros de Atención a Usuarios (CAUs) que lle prestan habitualmente servizo. Agradecemos que utilicen preferentemente a canle do correo electrónico, e solicitámoslle que sexan comprensivos coa situación de intensa carga de traballo que terán que soportar os Centros de Atención a Usuarios durante estas semanas. Os equipos técnicos intentarán dar a mellor resposta no menor tempo posible.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras