jueves, 30 de abril de 2020

MUGEJU: resolución sobre a incorporación do persoal que presta servizos na MUGEJU

A xerente da MUGEJU acaba de ditar unha resolución relativa á continuidade da actividade neste organismo e a incorporación paulatina do seu persoal, atendida a evolución das medidas de confinamento derivadass da declaración do estado de alarma e as súas prórrogas para a xestión da situación da crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A partir do 4 de maio do 2020, establécense as seguintes medidas de aplicación na  Mutualidad Xeral Xudicial ( MUGEJU), os seus Servizos Centrais e as súas Delegacións Provinciais:

1. Mantéñense na súa condición de servizos básicos esenciais da  Mutualidad Xeral Xudicial os establecidos nas Resolucións de 16 e 30 de marzo de 2020.

2. Nos Servizos Centrais de  MUGEJU, a organización do traballo establecerase polas persoas responsables de cada área mediante un sistema de quendas que asegure a atención dos servizos esenciais e a prestación daqueloutros específicos de cada área que requiran de atención preferente e/ou urxente a xuízo do seu responsable.

Quen non deba de acudir ao centro de traballo, por virtude da quenda que se estableza conforme ao apartado anterior, deberán permanecer  localizables e ao dispor da persoa responsable da súa área.

O traballo desenvolverase en horario de 9.00 a 14.30 horas.

3. Nas Delegacións Provinciais de  MUGEJU, para a atención prioritaria dos servizos esenciais e daquelas tarefas nas que se aprecie atraso ou necesidade de atención inmediata, o persoal organizarase  conforme ás previsións establecidas na Resolución da Xerencia do 16 de marzo pasado, do seguinte modo:

- Naquelas Delegacións Provinciais dotadas de dúas ou máis persoas ao seu servizo (Barcelona; Málaga; Sevilla; Valencia e Zaragoza), estableceranse quendas alternas de servizo, organizados e supervisados polos/ as Delegados/ as Provinciais correspondentes previa a súa posta en coñecemento da área de réxime interior de  MUGEJU.

- No resto das Delegacións Provinciais, a persoa ao seu servizo realizará  presencialmente as tarefas indicadas os luns e os xoves de cada semana, debendo asegurarse, mediante os medios de publicidade que se estime máis eficientes, a posta en coñecemento xeral de todos os mutualistas do calendario vixente e do horario de apertura da Delegación. Se o día de apertura da Delegación fose festivo, o servizo prestarase no seguinte día hábil.

O traballo desenvolverase en horario de apertura e atención ao público de 9.00 a 14.30 horas.

4. O disposto nesta Resolución respecto do traballo presencial dos funcionarios ao servizo deste organismo, hase de entender sen prexuízo do establecido na Resolución ditada por esta Xerencia o pasado día 12 de marzo, sendo por tanto aplicable ao persoal que non se ache nas situacións contempladas naquela.

5. Esta Resolución terá efectos dende o día 4 de maio de 2020.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras