sábado, 21 de marzo de 2020

STAJ reclama ao Ministerio de Xustiza a redución do persoal presencial de servizos mínimos

Tras a publicación da Orde para a coordinación dos funcionarios xudiciais durante a vixencia do estado de alarma, STAJ participou na reunión mantida co Ministerio por videoconferencia, onde volvemos reclamar que a dotación de persoal para atender servizos esenciais sexa a mínima indispensable e en réxime de dispoñibilidade sempre que sexa posible.

Desde  STAJ volvemos a denunciar que en temos sedes xudiciais onde non se están atendendo as recomendacións sanitarias de limpeza ou desinfección e  subministración de equipos de protección, e esiximos que se cumpran de inmediato ou procederemos a denunciar os feitos ante a Inspección de Traballo e reclamaremos as oportunas responsabilidades a quen corresponda.

Carece totalmente de sentido que se manteña persoal en xulgados onde poidan pasar xornadas enteiras nas que non teñan que atender ningunha das actuacións consideradas como esenciais, expoñendo innecesariamente aos funcionarios ao risco de contaxio e, o que é peor, contribuíndo negativamente á propagación do virus, en aberta contradición co que precisamente decretou o Ministerio de Sanidade.

Por iso, esiximos esa redución de persoal e puxemos como exemplo o caso de Andalucía, onde moitos servizos esenciais están a ser atendidos en réxime de dispoñibilidade con absoluta normalidade e sen máis disfuncións que as propias dunha situación absolutamente nova e descoñecida ata o de agora e que se van solucionando todas sen maior problema. Estando en condicións mesmo de poder reducir aínda máis o persoal presencial, mantendo ao resto en situación de continua dispoñibilidade e localización para atender puntualmente e de forma inmediata calquera actuación que for necesario realizar.

A resposta do Ministerio foi que manteñen os servizos mínimos decretados tanto polo devandito Ministerio como polas Comunidades Autónomas, sen aceptar de momento a nosa esixencia de aumentar o réxime de dispoñibilidade, aínda que nos comunicaron que nas próximas 48 horas van publicar unha nova disposición consensuada coas Comunidades,  puntualizándonos que o Ministerio pode ditar agora instrucións de obrigado cumprimento para todo o territorio nacional.

Esperemos que nestas novas medidas de coordinación entren en razón e acórdese e reflexionen sobre a necesidade de manter  presencialmente ao mínimo indispensable, en lugar de facer caso ás absurdas pretensións do  CGPJ que pretende aínda máis persoal incluso onde non fai ningunha falta.

Así mesmo estamos a reclamar ás distintas administracións que nos teñan informados sobre os posibles casos de contaxio do persoal que poidan irse producindo, esixíndolles así mesmo que os previsibles desaloxos futuros de sedes xudiciais sexannos comunicados de forma inmediata, a fin de que podamos asegurarnos de que ninguén quede durante horas sen ser avisado.


Para iso esiximos nun escrito asinado por tódolos sindicatos representativos a nivel nacional que se programen previamente as medidas necesarias para que todo o persoal sexa avisado de inmediato, e non se deixe todo en mans dunha dubidosa cadea de mando que se demostrou completamente ineficaz e temeraria.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.