lunes, 30 de marzo de 2020

STAJ informa:O Ministerio prepara nova resolución sobre dotación para servizos esenciais.

Tras a petición efectuada por  STAJ onte pola mañá, ante as novas medidas sobre confinamento na que se pretende “reducir os niveis de mobilidade aos propios dunha fin de semana” , o Ministerio informounos, onte a última hora da noite, que está a traballar nun novo texto, que nos enviará hoxe  antes de mediodía.

STAJ insistirá en que o persoal presencial debe quedar reducido ao mínimo imprescindible, limitándose aos servizos de garda sen prexuízo da dispoñibilidade do resto e de permanecer en condicións de localización durante a xornada laboral.

Se se trata de reducir os niveis de mobilidade aos propios dunha fin de semana, os órganos xudiciais e fiscalía deben funcionar como o fan en fin de semana.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras