domingo, 29 de marzo de 2020

As novas medidas anunciadas polo Goberno non afectan ao persoal de Xustiza

O endurecemento das medidas de confinamento, incluído o cesamento de actividade, non é aplicable á Administración de Xustiza, a salvo de futuras normas.

O CGPJ xa se pronunciou e mantén todas as súas decisións anteriores sobre servizos esenciais. Por tanto non temos que recuperar horas como no ámbito privado, xa que seguimos en activo, ata nos días que non teñamos que acudirnos ao noso posto de traballo, por estar en réxime de dispoñibilidade. 

De feito, todo o persoal de xustiza segue en activo incluso eses días que "en principio" non lle corresponde acudir ao seu posto de traballo. E dicimos "en principio" porque realmente poderían chamarnos en calquera momento para que acudamos de inmediato a reforzar a quen está de permanencia se no órgano onde estamos destinados prodúcese algunha actuación urxente que requira de máis persoas para a súa tramitación. 

En base ao un borrador deste Real Decreto, e o publicado nos medios de comunicación STAJ pediulle ao ministerio que reduza ou permita que o faga a Dirección Xeral, agora xa temos normativa a favor, os servizos esenciais presenciais solo ao persoal de garda dos xulgados e das fiscalías, quedando o resto en situación de dispoñibilidade. Esperamos que está vez nos fagan caso, non ten sentido uns servizos mínimos tan desproporcionados.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras