Logo da publicación no día de onte da
resolución do Ministerio de Xustiza por
la que se adapta la cobertura de servicios esenciales de la administración de
justicia al real decreto ley 10/2020 de 29 de marzo de 2020 os compañeiros
plantexannos e trasládannos varias dubidas respecto da aplicación directa desta
resolución e sobre todo se é xa aplicable o réximen de disponibilidade dos
servizos mínimos en Galicia e en consecuencia non teñen que ir de forma presencial
ao seu posto de traballo.
Na propia
resolución, no seu punto segundo, establécese que “as dotaciones de plantilla necesarias para atender los servicios
esenciales fijados por las Administraciones prestacionales autonómicas en las
distintas resoluciones dictadas durante la vigencia del Estado de Alarma se
mantienen en las mismas condiciones”, e polo tanto en principio a resolución
da DXX de data 24-03-2020 reguladora dos servizos mínimos do persoal ao servizo
da Administración de Xustiza en Galicia segue en vigor. Peso ao exposto son
lóxicas as dudas que se plantexan e por iso puxémonos en contacto coas diversas
Delegacións Territoriais e coa DXX, dende donde nos informan que están
traballando no seo da Comisión na que forman parte eles mesmos o Secretario de
Goberno do TSJG, a Fiscalía do TSJG para adaptar a resolución do Ministerio a
Galicia, polo que esperan en breve sacar unha resolución nese sentido ou en
todo caso una nota aclaratoria na que dispoñan como actuar ante o novo marco
legar aberto onte polo Ministerio.
Tivemos constancia de que pola Secretaría de Goberno do TSJG xa se
puxeron en contacto con todos os Secretarios Coordinadores Provinciales a fin
de que fagan unha recopilación de teléfonos de contacto dos distintos LAJ así
como o persoal designado polas quendas para realizar os servizos mínimos co
claro obxetivo de levar a cabo unha adaptación da norma nacional a nosa
comunidade e que o réximen de disponibilidade sexa aplicado, exceptuando aqueles
servizos que a propia norma dispón como son os servizos de garda, os Rexistros
Civis e o referente a materia de violencia sobre a muller.
É posible, polo tanto, que o disposto pola DXX vaia encaminado a
que os propios Secretarios Coordinadores en constante comunicación cos LAJ de
cada órgano xudicial sexan os encargados de organizar o novo sistema de
servizos mínimos.
Esperamos e esiximos a DXX a fin de que a maior brevidade posible
publiquen as instruccións necesarias a fin de aclarar a situación, é unha
absoluta necesidade facelo canto antes para evitar confusións e aportar a maior
claridade posible.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras