lunes, 17 de febrero de 2020

Cursos de prevención de riscos laborais nivel básico

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Requisitos do persoal participante:
Poderán participar nesta actividade formativa: os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Solicitudes e prazos:
O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2020.

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Ver DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.