martes, 18 de febrero de 2020

Convocatoria da praza de Secretario/a do Fiscal Xefe de Ourense

Na web da Xunta de Galicia publicase a convocatoria do posto de Secretario/a do Fiscal Xefe de Ourense que se cubrirá polo sistema de libre designación, sistema de adxudicación que en absoluto dende STAJ compartimos por caciquil e inxusto, que non ten en conta máis que a preferencias do propio Fiscal sen valoración de ningún tipo de méritos, e que se está utilizando, co visto bo da Dirección Xeral de Xustiza, como un instrumento para traer a xente de fora de Galicia  a prazas de Ourense, saltandose o concurso de traslado.

O PRAZO PARA SOLICITAR A PRAZA REMATA MAÑÁN DÍA 19  

VER CONVOCATORIA


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.