Dende que se trasladou o Rexistro Civil a porta principal do edificio antigo pechase as tres da tarde, impedindo que os traballadores/as, que por motivos de conciliación tiveron que salir sen cumprir o horario total, poidan entrar de novo a realizar a parte do horario flexible da xornada laboral.
Ainda que o edificio novo si se atopa aberto ata as seis da tarde por mor do Rexistro Civil, resulta que os compañeiros/as que traballan no edificio antigo non teñen tarxeta para acceder a pasarela que une ambos edificios e lle resulta imposible entrar a cumprilo horario. O xulgado de garda, que non é a entrada natural, non abre ata as 17 horas o que imposibilita a entrada por esas dependenzas a aquelas persoas que teñen que voltar ao traballo das 3 as 5 da tarde.
En base a eso solicitamos da Xunta e da Decana que garanticen a apertura da porta principal do edificio vello durante a franxa horaria na que podemos ir a traballar pola tarde, ou se lle expida tarxeta de acceso pola pasarela a tódolos compañeiros que o soliciten. Eso sí, cremos que esta situación debe resolverse de inmediato, estase a vulnerar o dereito a xornada e horario flexible.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.