miércoles, 11 de diciembre de 2019

Nova tarxeta de acreditación especial para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza


A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitirnos un correo electrónico polo que se nos comunica que mañá, día 12 de decembro, se publicará no DOG a Resolución pola que se regula a tarxeta de acreditación especial do persoal ao servizo da Administración de xustiza.


Unha vez publicada a resolución, colgarase na intranet de xustiza a instrución pola que se establece o procedemento para a obtención da tarxeta e o modelo de solicitude que deberá utilizar o persoal funcionario comprendido no seu ámbito de aplicación.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.