jueves, 17 de octubre de 2019

STAJ pide que NON se reserven prazas no parking dos xulgados de Pontevedra para os abogados

HOXE MANDAMOS ESTE ESCRITO A DIRECCCION XERAL DE XUSTIZA:

ENRIQUE ARAUJO MARTINEZ,  en representación do Sindicato de Traballadores/as da Administración de Xustiza.

Según informacións que nos chegan de varias fontes oficiais e do propio Colexio de  Abogados de Pontevera, este colectivo pediulle a esa Dirección Xeral que se lle reservase entre 20 e 40 prazas do aparcamento subterráneo sito no novo edificio xudicial de A Parda. Esas mesmas fontes tamen nos din que dende a Dirección Xeral se está valorando a reserva solicitada, pese a que que existen informes  técnicos en contra de tal medida, pois afectaría a negativamente a  seguridade  da xente que ali traballa.

Dende STAJ opoñémonos frontalmente a que se reserven prazas no interior do edificio a un colectivo que nin son funcionarios públicos ni exercen ningunha función pública,  o que suporía un privilexio a costa dos cartos de todos os galegos, privilexio que non conta con antecedentes en ningún outro edificio xudicial, mais ala dunha reserva de prazas para aqueles abogados/as que puideran estar de garda, e que no caso de Pontevedra, a reserva desas prazas para abogados de garda poderia facerse fora do edificio, na explanada exterior entre o edificio novo e o vello.

Temos que pensar que entre funcionarios/as xudiciais, LAJs, Médicos Forenses, Fiscais, Xuices, persoal laboral, técnicos do xulgado de menores, persoal de mantemento, persoal de limpeza e persoal de seguridade, en ambos edificios traballan case 320 persoas, polo que fan falta tódalas  prazas para o persoal que ali desenrola o seu traballo de forma diaria e constante, sobre todo neste primeiro momento da aperura do novo edificio, pois  non vai poder usarse o garaxe do edificio vello por mor de obras de acondicionamento nos arquivos e no propio garaxe.

Ata de agora, os abogados non tiveron problema para a aparcar nas rúas aledañas ao edificio xudicial, como están obrigados moitos funcionarios por falta de prazas no parking do edificio antigo. Coa apertura do parking novo a partires da agora lle será máis doado aos abogados aparcar nas cercanías dos edificios xudiciais o quedaren moitas prazas libres que antes ocupaban os funcionarios/as, polo que non vemos esa necesidade.

Non podemos deixar de lado a seguridade, resulta incomprensible que se poidan repartir tarxetas de acceso a centos de abogados e estes poidan polular polo soto do edificio e mesmo acceder ao interior das plantas superiores sin ningún tipo de control. Segue sendo inadmisible, dende o punto da vista da seguridade, que a Xunta decida que se lle reserven prazas cerradas e sin acceso interno ao edificicio, non estamos a falar dunhas poucas persoas previamente identificadas, estamos a falar do acceso libre a centos de persoas  sen identificiar previamente o que merma a seguridade e imposibilita un control de accesos adecuado a un edificio xudicial.

Por outro lado non parece razoable hipotecar o acceso a unha praza de garaxe aos funcionarios que ao longo do tempo poidan aumentar os planteis dos xulgados existentes e que poidan chegar a Pontevedra nun futuro próximo en Comisión de Servizo, en Substitución, o nos concursos de traslados, o que fara que se aumente, sen dúbida, a demanda de prazas. O mesmo pasará no momento que se creen órganos ou servizos xuduciais novos, ese aumento de funcionarios, necesitará máis prazas de parking dispoñibles. Van despois os abogados a deixar as prazas outorgadas? Vai esa Dirección Xeral a quitarlas? Me temo que nin unha cousa nin a outra. O que sucederá e que habera abogados aparcando dentro do edificio sen problemas e funcionarios buscándose a vida nas rúas próximas, algo  moi dificil de explicar e imposible de asumir.

Por todo o exposto, SOLICITO que se rexeite a posibilidade de deixar prazas reservadas para abogados nos parkings interiores dos edificios xudiciais de Pontevedra.

Pontevedra a 17 de outubro de 2019.


 DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA.- Rúa de Madrid 2-4 .- S A N T I A G O




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.