STAJ presentou onte unha queixa formal ante o Ministerio de
Xustiza, en concreto ante a Directora Xeral de Relacións coa Administración de
Xustiza, en relación coa "chapuza" na que se converteu o envio dos
méritos no proceso de concurso na promoción interna tanto do corpo de Xestión como no de Tramitación.
Despois de que o dia 1 de outubro presentásemos unha incidencia porque a conta
de correo a que hai que enviar os méritos non recibia por atoparse o buzon de
entrada cheo, segue a dar ese problema, aínda que agora de xeito intermitente,
pero o caso e que non se arranxou o problema.
Non imos a permitir que
se alongue no tempo esta "chapuza", que está perxudicando as aspirates que deben enviar por esa
canle a dcumentación requerida, e que despois de intentalo varias veces en días distintos non conseguen que se lle acepte o mail.
Ver a queixa que presentamos
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.