viernes, 11 de octubre de 2019

Reunión do Comité de Saúde e Riscos Laborais

Onte tivo lugar a reunión do Comité de Saúde e Riscos Laborais  co seguinte

ORDE DO DÍA:
1.       Implementación do plan de acción da avaliación específica de traballos de campo nos SCNE
o Informe aclaratorio do SPRL relativo a avaliación de riscos laborais específica dos postos de xestor e auxilio dos SCNE
2.       Información respecto de infraestruturas e subministración de mobiliario
3.       Programación 2020
4.       Rolda de intervencións


1. Respecto á implementación do plan de acción da avaliación específica de traballos de campo nos SCNE, entregarase unha tarxeta identificativa ós funcionarios dos SCNE, pretenden entregala este ano, aínda que está pendente dun informe do Consello, pero din que non haberá ningún problema; a data pensan que será antes de fináis de ano. Xunto ca tarxeta farán entrega dun chaleco reflectante coa inscripción “Administración de Xustiza”. Os chalecos pensan que van tardar máis en proveelos que a tarxeta; tamén será entregada unha chaquega de abrigo. Darán un curso online sobre o seu uso, e as medidas de seguridade que se deben tomar.

2. Respecto as novas infraestructuras xudiciais e subministración de mobiliario, hai un retraso nas obras do edificio xudicial de Tui, que pensan inauguralo despois das eleccións de novembro. Respecto o edificio de Vigo, edificio do Hospital Xeral, que son catro edificios,  que ten moitos problemas de seguridade, porque despois de facer varias derribas xunto cunha derriba selectiva por dentro da torre e por dentro doutros edificios, preséntase un informe técnico que di que aquilo ten problemas de seguridade así é que non queda outro remedio que facer unha modificación para superar estes problemas. Isto atrasa 6 meses a obra e a data de entrega será o 1 de agosto do 2020, mais ou menos (segundo a Construtora). Desde STAJ pensamos que esa data de entrega é un desexo que non se vai a cumprir, por moito que no outono do ano que ven sexan as eleccións autonómicas .

Informoúsenos que no edificio de Caldas de Reis arreglouse o tema das humidades e que finalizarán poñendo pladur para logo pintar. No Edificio de Santiago as obras pensan rematalas en novembro.Tanto nos edificios de Ourense coma edif. Vello de Pontevedra,  e nunha parte do de Lugo instalaranse armarios móviles para arquivo.

O máis importante, tanto as cadeiras como repousapés, cambiouse o modelo das cadeiras que se están entregando. Están a entregarse cadeiras en xulgados para renovar material deste tipo que esta vello e desfasado, non se seguen mais criterio que ese para a entrega das cadeiras, “renovación do mobiliario e de cadeiras que está desfasado ou deteriorado”. Este ano seria TSJ, Audiencias e as tres grandes cidades da provincia de A Coruña para o próximo ano o resto de cidades e no terceiro ano pobos en total é un investimento a tres anos de 5 millóns de euros, cuxa maior parte desta cantidade lévana os armarios xa que todos os andeis abertos serán substituídas por armarios con chave e os armarios dos arquivos serán móbiles a través de raíles. NAQUELES XULGADOS que haxa cadeiras que aínda non foron cambiadas e estean moi deterioradas sen posibilidade de arranxo, deberá o LAJ facer unha petición alegando que hai cadeiras que non poden esperar á renovación.
Os REPOUSAPÉS din que xa se sumunistraron 650 unidades, que se pediron 1000 mais, que se van a repartir 500 entre o 14 e 25 de outubro (esta vez o criterio de repartición se hara por edificios completos pero non o poden precisar agora). En novembro farase un pedido de 500 unidades máis.


3. Respecto a programación de 2020, resulta que non teñen nada máis programado, que todo se limita a o que vos acabamos de contar, en fin....propaganda electoral.

4. Rolda de intervencións, como xa conocemos as presas por irse que teñen  os representantes da Admón unha vez tratados os temas do Orde do Día que eles mesmo elaboran, o martes mandamos ao Director Xeral un escrito coas nosas propostas con temas a tratar na rolda de intervencións, entre estes tema estaban:

a) PROTOCOLO DE ACOSO LABORAL. Din que están pendentes dun  estudio conxunto por parte do Ministerio e do Consello Xeral do Poder Xudicial, a nós non nos consta ningún estudio desa índole, por eso a intervención de STAJ foi respecto a  urxencia de que o noso colectivo conte cun protocolo desta natureza, xa existe na Xunta e no Ministerio de Xustiza, unha vez máis quedamos en terra de ninguén por falta de vontade da Adminstración.

STAJ xa presentou un borrador de Protocolo no ano 2016 e que podería servir de base ó futuro protocolo, para empezar a traballar xa con él, sen esperas que sabemos que pouco ou nada van a aportar, que ademais parecen que son excusas para deixar pasalo tempo.

b) MEDICIÓN DO GAS RADÓN. Propuxemos medicións en tódolos edificios xudiciais das provincias de Ourense e Pontevedra, xa que son as provincias máis afectadas. Propuxemos que con caracter urxente se fixeran medicións no edificio da Audiencia de Pontevera, nos dous de Vigo, nos dous de Ourense, no edificio da rúa Monforte da A Coruña, e naqueles edificios máis antigos, naqueles construidos con granito, naqueles donde se traballe nun plano inferior ao nivel do chan e naqueles que non conten cunha boa ventilación.

A Administración excúsase en que non é obligatorio de momento e polo tanto non o queren  facer polo de agora, pero saben que o terán que facer no futuro próximo, din que están tamén pendentes dun protocolo por parte da Autoridade Competente, Consejo Nuclear, para que postos en contacto con outras administracións  fagan o protocolo de actuación, parámetros, donde facelo, quen o fai, etc. Esto e o mesmo que decir que lle importa pouco a nosa saúde, e eso que cada medición costa pouco máis de 100 euros.

c) Respecto o formaldehido, estanse a tomar medidas,  tanto en Vigo coma Pontevedra pondrán armarios específicos con mesa de aspiración. Na Coruña, na sala de autopsias tamén porán unha mesa con aspiración. (tardarán dous meses máis menos).

d) Edificio xudicial de Ourense O COUTO: Nos anuncian que está programada apertura de ventás, solicitadas reiteradamente por STAJ, pero que ainda nin saben cando empezaran as obras, vai para longo.

e) Respecto ó resto de peticións do escrito, xa non contestaron, tiñan presa, e  dedicaronse a tomar nota literal das propostas presentadas por nós, que solicitamos expresamente que constara e se uníse ó acta.
Ver escrito coas propostas de STAJ

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.