Hoxe celebrase en Santiago a reunión da Comisión de Formación composta pola Dirección Xeral, a Egap e os Sindicatos co gallo de cerrar, casi nunca hai acordo, o programa de formación para o ano que ven.
As nosas
propostas formativas para o ano 2020 van na liña co que de seguido expoñemos:
- Toda formación debería de
realizarse de forma que o funcionari@ non vexa como estas actividades afectan á
conciliación da vida familiar, debendo
realizarse en todo o seu contido en horario laboral.
- Hai
que rematar cos desprazamentos dos funcionari@s a Santiago, celebrándo
as probas en tódalas cidades que conten con tres ou mais xulgados. Debense
aboar os desprazamentos naqueles casos en que as devanditas probas non
poidan celebrarse na localidade de destino do traballador/a.
- A Dirección Xeral de Xustiza ten que
ofertar, ben a través da EGAP, ben por medio doutros operadores cursos
ON-LINE de preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as
probas da oposición para a promoción interna de forma totalmente gratuita.
- Os
cursos de linguaxe xurídico e linguaxe administrativo galego deberán
de ofertarse tanto a funcionarios destinados na comunidade autónoma como aos
funcionarios destinados fóra dela, debendo ampliarse o seu número e o número de
participantes nos mesmos.
- Débense
ofertar cursos de idiomas como se ofertan para a Administración da Xunta de
Galicia (inglés, francés, portugués e alemán).
- De forma
inminente hai que restituir o permiso dun día para acudir as probas presenciais
de aproveitamento.
- Son necesarios cursos e actividades
formativas en canto a bases de datos e sistemas operativos
cos que traballamos os funcionarios de xustiza.
- Cursos
sobre as reformas procesuais que se vaian producindo en tódolos órdenes
xurisdicionais, sempre con carácter previo a súa entrada en vigor.
- Formación presencial do persoal
interino, e do persoal titular que veñen nos concursos de traslado
doutros territorios que non utilizan Minerva, tamén no caso de cambio de xurisdicción ou no cambio dun xulgado á
Fiscalía ou viceversa.
A oferta
formativa de medicina forense debe ampliarse a outras materias, tendo
en conta que a totalidade da plantilla acude ós mesmos (excepto os que están de
garda) . E deben ofrecerse xornadas (de un par de días, por exemplo) á marxe da
organización interna dos cursos de formación continua, con profesionais
forenses doutros ámbitos, expertos en materias distintas das ofertadas en
Galicia. Abaixo propoñemos un exemplo.
Reforzar
as prazas ou facer máis edicións dos seguintes cursos:
“A
CUSTODIA COMPARTIDA NAS CRISES MATRIMONIAIS”
“XURISDICCIÓN
VOLUNTARIA”
“EXPURGO”
“XUSTIZA
DIXITAL” . Este último abrangue e concentra demasiadas materias que deben
ser agrupadas en a lo menos duas ofertas formativas máis prácticas
Cursos
suxeridos:
CURSO
1: SERVIZOS DO PNX, SIRAX E PROTECCIÓN DE DATOS DAS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS
XUDICIAIS (FORMACIÓN PRESENCIAL DESLOCALIZADA)
1. Protección
de datos nas aplicación informáticas xudiciais, taller práctico.
2. Taller
práctico sobre o SIRAX
3. Taller
prácito sobre o PNX embargos de saldos á vista, exhortos telemáticos
4. Taller
práctico sobre embargos da AEAT, rexistros de pezas de convicción
A
pesar de que no curso de XUSTIZA DIXITAL se abrangue esta temática este debería
deixarse con LEXNET- SISTEMAS DE GRAVACIÓN E SISTEMA DE ARQUIVOS.
CURSO
2. NOVAS TECNOLOXIAS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA (teleformación)
CURSO
3. NOVA OFICINA XUDICIAL E NOVA OFICINA FISCAL (FORMACIÓN PRESENCIAL
DESLOCALIZADA)
- Competencias
da xunta de galicia e do Ministerio de Xustiza
- Acortes
da NOJ e da NOF
- Sistemas
de organización do persoal
- RPT:
tipos de postos e formas de provisión
CURSO
4. MINERVA NOJ AVANZADO (FORMACIÓN PRESENCIAL DESLOCALIZADA)
Elementos
da pantalla de Minerva NOJ.- Servizos comúns en Minerva NOJ.- Rexistro.-
Reparto.- Envío.- Infraestrutura.- Listados e Estatísticas.- Alardes -
Utilidades.- Xestión de usuarios (nos Servizos Comúns).- Tareas Pendentes.-
Aceptación e Incoación. Tramitación Guiada.- Tramitación por Subesquemas.-
Búsqueda por patrón.- Botón Esquema. - Mapa do asunto.- Tramitación.-
Acontecementos anteriores.- Borrado de documentos. – Notificacións .- Revisión
de asuntos.- Xestión de Resolucións. Transformación e incoación de
procedementos.- Mantemento de estado.- Axenda de Prazos.- Penas, Medidas e
Requirimentos.- Mantementos de trámites.- Favoritos. - Consultas.- Listados.-
Estatísticas.- Utilidades- Subida de documentos de gran formato.-
Integración no Minerva de formatos de audio, mp3, video, etc….
CURSO
5. REFORMAS NO TRÁMITE DO REXISTRO CIVIL.
Que
inclúa tódolas novidades que nas normativas e nas resolucións da Dirección
Xeral dos Rexistro e do Notariado afectan ao trámite dos expedientes, a
expedicción de certificacións e a inscripcións e anotacións rexistrais, pois
moitas delas son descoñecidas polos funcionarios/as e noutros casos
necesitan formación para trasladar esas resolucións ás funcións
encomendadas no Rexistro.
CURSO
6. MÉDICOS FORENSES.
Ultima reforma
relativa á “VALORACIÓN DO DANO CORPORAL” (esguince cervical.
Traumatismos menores de columna cervical, casos prácticos, daño psíquico e
secuelas psquiátricas no novo Baremo, O gran lesionado, O papel dos IML na
valoracióndas lesións por tráfico en relación coas últimas reformas legales,
perxuízo persoal básico, particular e patrimonial das lesións temporais,
secuelas,secuelas estéticas”. Este curso é ofertado no ámbito do Ministerio de
Xustiza, entre outros de interese.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.