As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura
en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora,
poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos
xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente
servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro
de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na
norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos
de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por
ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as
súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do
correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de
que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en
conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na
solicitude.
PRAZO DE SOLICITUDES: 9,10 E 11 DE SETEMBRO
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.