jueves, 12 de septiembre de 2019

Estado actual das eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galicia


OURENSE
Como xa sabedes, as eleccións en Ourense dilatáronse por mor das irregularidades procedimentais nas tomas de decisións adoptadas pola mesa electoral constituída, que non se tomou este proceso o suficientemente en serio e vulnerou a Lei e os prazos para ditar as Resolucións pertinentes como si isto non  fose máis que  un xogo para eles,  despois chegou a Sentenza ditada polo Xulgado do Social nº 2 de Ourense na que se fallou  que todas as persoas que pertencen ao corpo de Letrados con destino na provincia de Ourense non debe estar no censo electoral e polo tanto non poden participar nin como electores nin como elixibles nin ser membros das mesas electorais.
Esta sentenza ditada en Ourense é a única de toda Galicia (a falta da sentenza de Lugo), que estimou a demanda da Unión Progresista de Secretatarios Xudiciais, e fallou que se debían anular as actuacións dende o momento da elaboración do censo electoral. É dicir, o único que permanecía válido é o preaviso electoral, anulando todas as demais actuacións posteriores levadas a cabo no proceso electoral en Ourense.  O día 3 de setembro constituíuse a nova mesa electoral en Ourense, e acordouse por maioría sindical a formación de dúas mesas parciais; unha no Barco de Valdeorras e outra en Verín.
A mesa electoral aprobou  o novo calendario para Ourense e acordouse que o día das votacións será o venres, 11 de outubro en horario de 9:00 a 14:30 horas.

A CORUÑA
Nesta circunscripción o proceso electoral xa rematou, a Unión Progresista Secretarios Xudiciais (UPSJ) intentou todo para que as eleccións non se levasen a cabo ou se anularan, de momento tanto os laudos como a sentenza firme do Xulgado do Social prívaos de razóns e da por boas as eleccións e os resultados.

PONTEVEDRA.
Nesta provincia os letrados( UPSJ) perderon todo incluso a sentenza no Xulgado do Social, sentenza que non é recorrible, según a Lei e a propia resolución, pero, como unha estratexia á desesperada, anunciaron o Recurso de Suplicación baseándose en que o proceso trata sobre Dereitos Fundamentais e debe caber recurso, por moito que a Lei diga que non. Por Auto o Xulgado do Social desestimou o anuncio de recurso de Suplicación, pero resulta que contra este Auto cabía Recurso de Súplica ante a Sala do Social do TSXG, e hai uns días se lle notificou o Auto do TSXG que ten por non anunciado tal recurso. Parece que agora xa non teñen máis que resignarse á realidade de estar no censo con tod@s nós xa que os censos as propias eleccións foron validadas.

LUGO
Neste territorio a UPSJ perdeu a súa reclamación ante a Mesa e o perdeu o Laudo, logo presentaron demanda ante o Xulgado do Social, o xuízo estaba señalada para o pasado día 6 de setembro pero suspendeuse para novembro, hai que esperar a sentenza que deternimará como valido ou non o proceso electoral.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.