No DOG de hoxe publícase a
resolución do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados
de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019 (código de procedemento
administrativo PL500C).
As probas dos distintos niveis Celga terán
lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019.
As probas realizaranse en Santiago de
Compostela e en Ponferrada.