Na Comisión de Acción Social 2019 celebrada no día de hoxe, aprobáronse as listaxes provisionais quedando repartidas da seguinte maneira:
- 119 solicitudes.
- 4 solicitudes dobres.
- 94 solicitudes correctas.
- 15 solicitudes denegadas provisionalmente (das cales 8 son subsanables e 7 non subsanables).
Tamén informaron que seguramente para a vindeira semana publicarase o prazo para subsanacións.
A cantidade a repartir vaise minorar en 541,01 euros por sentenza gañada por un compañeiro respecto da acción social do ano pasado, cantidade que vai a cargo do presuposto do ano 2019 conforme coa convocatoria.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.