O edificio dos xulgados de Ferrol carece dun adecuado sistema de aire
acondicionado. Nas plantas superiores a calor é insufrible, tendo soamente un
aparello ventilador vello que é del todo insuficiente. Xa no ano 2017, o Staj
formulou denuncia poñendo de manifestó este extremo, non sendo contestado nin
solucinado o problema a día de hoxe. Outro ano máis este sindicato vese na
necesidade de formular escrito de queixa ante a DXX e posterior denuncia ante a
inspección de traballo (se a Xunta non arranxa o problema), dado que os
compañeiros alí destinados sofren un auténtico inferno coa chegada do bo tempo.
As temperaturas que puidemos comprobar co persoal de mantenemento son
elevadísimas chegando a alcanzar os 30.2º excedendo notablemente da normativa sobre riscos
laboráis. Á primeira hora da mañá a temperatura é xa moi alta, incrementándose
ao longo da xornada polo aumneto da calor no exterior, funcionamento dos
equipos eléctricos en funcionamento, cadros de luz, etc. Nas salas de vistas a calor dispárase, debendo ter en conta a cantidade
de público que accede a elas e o tempo de permanencia.
STAJ SOLICITA: que urxentemente, se tomen as medidas necesarias para solucionar el problema, e se doten
de ventiladores auxiliares suficientes para conseguir reducir la temperatura
uns graos, mentres non se realicen as obras necesarias de acondicionamento, de
forma que os traballadores/as das plantas superiores (Xulgado Instrucción nº 3,
Xulgado Primeira Instancia nº 5, Xulgado do Penal nº 2, salas de vistas 3ª y 4ª
planta) deixen de sufrir temperaturas inadecuadas que pode nalgún momento
aconsellar o abandono destas oficinas para non sufrir os efectos sobre a saúde que
pode ocasionar a exposición continuada as altas temperaturas.