Publicado con data de hoxe a Resolución do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral
de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma
temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos
de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da
Administración de xustiza.
Poderán solicitar as
comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, os
funcionarios de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que
estean en situación de servizo activo prestando servizos no seu destino definitivo.
Poderá solicitar as comisións de servizo o persoal funcionario que se atope de
baixa por incapacidade temporal sempre que se reincorpore ou se produza a súa
alta para a data de entrada en funcionamento dos órganos de nova creación.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco
días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.
A
selección dos candidatos e a adxudicación das comisións de servizo farase
segundo a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante na súa instancia e
con base na maior puntuación obtida cos mesmos criterios que nun concurso de
traslados: antigüidade e nivel de coñecemento da lingua galega. En caso de empate
acudirase ao escalafón.
Os
interesados deberán presentar unha instancia axustada ao modelo que se axunta
como anexo II a esta resolución. Canda a solicitude haberá
que presentar unha copia da certificación ou do diploma que acredite o
coñecemento da lingua galega.
As solicitudes dirixiranse
á Dirección Xeral de Xustiza (rúa Madrid, 2-4, planta 2ª, polígono das
Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela) e presentaranse nos rexistros
administrativos da Xunta de Galicia ou de calquera das formas previstas no
artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas.
As
comisións de servizos para as prazas ofertadas no anexo I comezarán o día da
entrada en funcionamento dos novos órganos xudiciais, prevista para o 30 de
setembro do 2019, e a súa duración será ata a adxudicación das prazas mediante
concurso de traslados, sendo o período mínimo de permanencia na comisión de
servizos de seis meses.
XULGADOS DE NOVA
CREACIÓN:
- Xulgado de Primeira Instancia 14 de A CORUÑA
3 de Xestión, 4
deTramitación, 1 Auxilio.
- Xulgado do Social 4 de SANTIAGO DE COMPOSTELA.
2 de Xestión ,4 de
Tramitación, 2 Auxilio.
- Xulgado do Social 6 de VIGO.
2 de Xestión, 4 de Tramitación, 2 Auxilio.