martes, 23 de julio de 2019

COMISIÓNS SERVIZO NOVOS XULGADOS

O vindeiro día 24 de xullo de 2019, publicarase na intranet da Dirección Xeral de xustiza e no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,  a Resolución do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.