Julián González Rodríguez, en calidade de Delegado Sindical do
Sindicato de Traballadores dá Administración de Xustiza (STAJ), con domicilio a
efecto de notificacións no local sindical sito en Edificio dos Xulgados, Rua
Lalín, 4, (Sótano) Vigo ou en stajgalicia@gmail.com
EXPÓN:
1.- Que
pola Xunta de Galicia non se está pagando a totalidade da diferenza retributiva
na paga extraordinaria nos supostos de nomeamento como XESTOR/TRAMITADOR PROCESUAL SUBSTITUTO durante a realización dunha Substitución Vertical en Corpo
Superior. Concretamente nos referinos á
diferenza salarial no “soldo” xa que, mentres que nos outros conceptos
incluídos na Paga extraordinaria (contía adicional) si se cobra a contía correspondente ao corpo superior no que se
está nomeado, o concepto de “soldo” que se percibe é o do corpo de orixe e non o do superior no que se traballa de forma efectiva. Por tanto a totalidade do
concepto de Paga Extraordinaria non se está pagando debidamente incrementada,
se non só algúns conceptos nel incluídos.
2.- Baseamos a súa petición en considerar que o non
recoñecemento ou abono da diferenza salarial en concepto de PAGA EXTRAORDINARIA
por un Funcionario de Carrera nun Corpo Superior durante o período de
realización dunha Substitución vertical, constitúe unha discriminación grave
con respecto a un Funcionario/a de Carrera ou Funcionario Interino que se atope traballando
no mesmo órgano xudicial e no mesmo Corpo no que se realice unha Substitución
Vertical, aos cales se se lles recoñeceu na súa condición de Funcionario/a de
Carrera ou Funcionario/a Interino o dereito á cobranza da PAGA EXTRAORDINARIA no
Corpo no ao que pertenecen o que se atopan nomeados, tendo en conta da
importancia dos principios de igualdade de trato e de non discriminación que
forman parte dos principios xerais do Dereito.
3.- Así foi recoñecido polo Xulgado do Contencioso
Administrativo número 4 de Las Palmas de Gran Canaria, que na súa sentenza de
data 30 de Abril de 2019 (da que achegamos copia) estima o dereito dun
Funcionario que realizou Substitución Vertical a corpo superior ao abono da
diferenza salarial da totalidade concepto de paga extraordinaria.
Visto o anterior e en base ao exposto SOLICITAMOS:
- Que se recoñeza o dereito e se abone a diferenza salarial en
concepto de PAGA EXTRAORDINARIA (concretamente do concepto de “soldo”)
correspondente ao Corpo Superior por Substitución Vertical e procédase ao seu abono
xeneralizado e de forma inmediata nas sucesivas nóminas nas que corresponda o
pago da devandita paga extraordinaria a todos os funcionarios/as que se atopan realizando
unha substitución vertical.
- Que se abonen con carácter retroactivo as cantidades deixadas
de percibir por este concepto a todos aqueles funcionarios/as que durante o
últimos catro anos fosen nomeados e ocupasen unha praza de corpo superior en
substitución vertical.
En Vigo a 03 de Mayo de 2019
DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA
Rúa Madrid, 2-4, 2º piso – Fontiñas
15781 Santiago de Compostela.-
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.