viernes, 24 de mayo de 2019

STAJ informa. O Ministerio remite nova proposta de baremación de méritos para a quenda libre.

O Ministerio remitiunos unha nova proposta de  baremación de méritos na fase de concurso para as oposicións a Corpos Xerais pola quenda libre.

Nesta nova proposta acóllense boa parte das peticións realizadas de forma conxunta polas organizacións sindicais, aínda que queda algunha cuestión que debemos matizar, especialmente no apartado de titulacións académicas e no de formación, para o que debe celebrarse o máis axiña posible mesa de negociación.

Tampouco nos facilitou aínda o Ministerio cal será o contido da proba teórica de  Word.


Achegamos o último baremo proposto polo Ministerio, referido ao corpo de Xestión

BAREMO XESTIÓN LIBRE PROPOSTA MINISTERIO MAIO 2019

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.