lunes, 20 de mayo de 2019

STAJ informa. Datas de realización das probas para certificados Celga de lingua galega

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Política  Lingüística,   pola   que  se  fixan  as  datas  de  realización das  probas  para  a  obtención  dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019,  que  foron convocadas  mediante  a Resolución do 20  de  marzo  de 2019.

Descargar PDF


– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
·         1 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C e D.
·         2 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.
– Celga 3, en Santiago de Compostela:
·         8 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B e C.
·         9 de xuño de 2019, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O e P.
– Celga 3, en Ponferrada:
·         8 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
·         15 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de Compostela:
·         16 de xuño de 2019, para todas as persoas admitidas.

As persoas admitidas deberán presentarse 30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que  acredite  a  súa  personalidade (DNI, NIE ou pasaporte)  e  mais  dun  bolígrafo.  Lémbrase, ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita.  A hora concreta en que cada   persoa   deberá   estar  presente   para   realizar  a  dita  proba  oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.