MERECE A PENA INVERTIR 5 MINUTOS EN LER ESTA INFORMACIÓN!!!
A Carreira Profesional é un novo complemento salarial no que se retribúe todos ou alguns dos aspectos que se consideran relevantes para a correspondente profesión, grupo, corpo ou categoría profesional. Entre eses aspectos relevantes atópanse a experiencia, a formación, os coñecementos, a investigación, a docencia, etc.
A Carreira Profesional é un novo complemento salarial no que se retribúe todos ou alguns dos aspectos que se consideran relevantes para a correspondente profesión, grupo, corpo ou categoría profesional. Entre eses aspectos relevantes atópanse a experiencia, a formación, os coñecementos, a investigación, a docencia, etc.
A Carreira
Profesional na Administración de Xustiza NON está instaurada como tal, a día de
hoxe, en ningunha parte do Estado, pois a LOPX, que é a lei que regula as nosas
retibucións, non recolleu este novo complememto ata a recente reforma do 28 de
decembro de 2018, fai algo mais de catro meses. Foi precisamente durante a
loita que mantivo STAJ, mentras outros sindicatos estaban de brazos cruzados e
se dedicaban a criticarnos, a nivel nacional e en Madrid sobre todo, a que
conseguía parar a reforma tan lesiva dos centros de destino, no Congreso e no
Senado, e ademáis introducir na LOPX a
carreira profeisonal como un novo complemento retributivo.
É apartires desta
reforma é cando se pode establecer a Carreira profesional na Administración de
Xustiza, antes desta reforma era imposible nin en Galicia, nin en ningunha
outra Comunidade Autónoma do Estado, xa que ese complemento non existía e as
Comunidades Autónomas con competencias en Xustiza non podía establecelo
(Despois falaremos de VALENCIA e do artigo 10 que maquilla o ACORDO de SPJ-USO,
UGT, CCOO e a XUNTA DE GALICIA de maio do ano pasado).
A reforma da LOPX
que se publicou no BOE o pasado 29 de decembro e que entrou en vigor neste
punto o 18 de xaneiro de 2019, engade un apartado 3 o artigo 519, no senso de
establecer o complemento de carreira profesional, e dispón literalmente:
3. Mediante Real Decreto, previa negociación con las organizaciones sindicales, se establecerán los criterios, requisitos y las cuantías iniciales del complemento de carrera profesional que será igual para todos los cuerpos con independencia de dónde presten sus servicios.
Desta reforma podemos
extraer varias cousas:
-
- Debe ser o Goberno do Estado o que por Real Decreto desenrole o establecido na LOPX, NON as Comunidades Autónomas.
- Debe ser o Goberno do Estado o que por Real Decreto desenrole o establecido na LOPX, NON as Comunidades Autónomas.
- - Debe haber unha negociación previa coas
organizacións sindicais, neste caso ao ser na Mesa Sectorial do Ministerio de
Xustiza en Madrid, os sindicatos deben ser representativos a nivel nacional, dentro dos 3 asinantes si están representados en Madrid CCOO e UGT, o
que excluye da negociación, entre a SPJ-USO e a outros Sindicatos.
- - Nese Real Decreto regularáse para todo o Estado
os criterios comúns, os requisitos idénticos e as cuantías iniciais iguais para
todos/as con independencia do territorio donde se prestan os servizos.
Queda claro que non son
as comunidades Autónomas, senón o Goberno Central quen debe regular a Carreira
Profesional, e no caso de Galicia, nin Xunta nin tampouco a Dirección Xeral de
Xustiza poden negociar a Carreira Profesional polo menos na fase inicial, podería
ser que despois de instaurarse os criterios, requisitos comúns e contía inicial
por Real Decreto se recolla no mesmo a posibilidade de que as CCAA con
competencias en Xustiza poidan mellorar, mediante negociación na Mesa
Sectorial, donde deben estar tódolos Sindicatos, as contías iniciais dese complemento.
Por certo o Ministerio
mostrouse disposto a negociar a Carreira Profesional, pero a convocatoria de
eleccións retrasou os contactos, STAJ
despois da formación do novo Goberno será unha das primeiras cousas que
lle esixirá á Ministra/o do ramo, xunto co mantemento do rexistro Civil na Admón de Xustiza.
Na Comunidade Valenciana
negociouse no ano 2016 cos Sindicatos mais representarivos nese territorio,
entre eles STAJ, a futura implantación da Carreira Profesional, pero mentras a
LOPX non o permitía (lembrade que é esta Lei a que regula as nosas
retribuccións e mentras nela non estivo
recollida a carreira profesional as CCAA non a podían instaurar) se negociou un
plan de actuación que se desenrolaria durante os anos 2017-2018 e 2019,
quedando as cantidades pagadas nese plan de actuación como subsumidas na
Carreira Profesional unha vez que a LOPX o permitise. Ao dia de hoxe na Comunidade
Valenciana ainda non se instaurou a Carreira Profesional e as cantidade que
están a cobrar son como plan de actuación, pois ata que o Goberno Central por Real
Decreto non regule esta complemento non se pode pagar por as CCAA como tal.
Deiaxamos o Acordo e a Resolución do Plan de Actuación para este ano en Valencia que ainda que se empezou a cobrar en Abril non se publicou ainda a Resolución definiftiva, publícase pasado mañan, quizá porque houbo eleccións nesa Comunidade recentemente.
Ver Acordo.Ao final da Resolución ven o referente ao Plan de actuación en Valencia
Deiaxamos o Acordo e a Resolución do Plan de Actuación para este ano en Valencia que ainda que se empezou a cobrar en Abril non se publicou ainda a Resolución definiftiva, publícase pasado mañan, quizá porque houbo eleccións nesa Comunidade recentemente.
Ver Acordo.Ao final da Resolución ven o referente ao Plan de actuación en Valencia
Borrador da Resolucion da Comunidade de Valencia, que se publica o xoves donde se acorda o plan de actuación para este ano 2019
No Acordo que se asinou por SPJ-USO, UGT e CCOO e a Xunta de Galicia en maio do ano pasado recolle no seu artigo 10 o seguinte:
10. Carreira profesional. A Xunta de Galicia comprométese, a través dunha mesa específica de negociación, a estudar a implantación, dentro do marco lexislativo, dun sistema de carreira profesional para os funcionarios da Administración de xustiza en Galicia. O dito sistema poderá ter en conta a implantación da nova oficina xudicial de Galicia no marco da modernización da Administración de xustiza na nosa Comunidade Autónoma.
Como se aprecia, con este
artigo só se pretende decorar o mal Acordo que puxo fin a folga de Xustiza, e
da súa lectura desprendemos que:
-
No momento en que se asinou era “papel
mollado”, sabían que se non se regulaba na LOPX non se podía implantar a
Carreirra Profesional en Xustiza de ningnha maneira. Alguén pensa que como en
Valencia a Xunta vai a darnos un plan de actuación para cada un de nós, en canto non se instaure a
carreira Profesional? Xa estamos a ver o maravilloso plan de actuación- recuperacion
da folga.
-
Na actualidade segue sendo "papel mollado", pois
nada se pode negociar en Galicia se antes non se fixe polo Goberno Central mediante Real Decreto os criterios, os
requisitos e as contías iniciais dese complemento. Unha vez regulado xa veremos
si se recolle, ou non, nese Real Decreto a posibilidade de que as CCAA poidan
mellorar esas contias iniciais, pero esa negociación sería mediante unha Mesa
Sectorial en cada CCAA, e con tódolos sindicatos representativos non só cos
asinantes do Acordo.
-
O artigo fala de que “A Xunta de Galicia
comprométese a estudar a implantación,
dentro do marco lexislativo” NON falan
de implantar, porque sabían, uns e outros, que o estudo desa posibilidade iba a
dar como resultado que a LOPX non llo permitía se non se reformaba. Por riba,
para poñelo mais difícil no tempo, ese artigo deixa aberta a posibilidade de
condicionar a Carreira Profesional a implantación en Galicia da NOX.
En
STAJ estamos seguros que grazas a reforma da LOPX pola que loitamos, e o Real
Decreto que imos a negociar en Madrid se mellorarán con moito as cantidades que
a Xunta poidese ofrecer, si tiña pensado ofrecer algunha, e se acortará no
tempo a implantación da Carreira Profesional na Administración de Xustiza en
Galicia.
Non
vos deixedes enganar, esto é a realidade, e resto son fogos
artificiais dalgúns Sindicatos que
intentan maliciosa, irresponsable e desesperadamente arrincar unha presa de votos nas vindeiras eleccións
sindicais.
ACORDO ASINADO POR SPJ-USO, UGT E CCOO COA XUNTA, MIRAR ARTIGO 10