lunes, 27 de mayo de 2019

Carreira Profesional: a confusión premeditada como estratexia electoral.

Por sorte ou por desgraza é a  Ley Organica do Poder Xudicial (LOPX), no seu artigo 515 e seguintes a que establece os conceptos retributivos que podemos cobrar os funcionarios/as de Xustiza, ben sexan conceptos que se xestionan desde o Ministerio para todo o Estado ( Soldo-Trienios-Complemento do Posto- Gardas – Pagas Extras, etc.) ou conceptos que se xestionan polas CCAA ( CAT ou Complemento Especifico onde xa está NOX e a Productividade). Tódolos conceptos retributivos deben estar recollidos na LOPX, se non ninguén pode retribuirnos por conceptos que nesta Lei non se regulen. A Carreira Profesional no se recolleu ata a reforma de decembro de 2018.

Sí estaba recollida no EBEP de 2007, pero resulta que o “ carácter supletorio” que dispón o EBEP, desde 2015 TREBEP, que non é mais que unha Lei ordinaria, non actua no noso caso, pois a LOPX que é unha Lei Organica, e como todos sabemos de rango superior, establece taxativamente que non se nos pode retribuir por concepto distinto aos recollidos na propia LOPX. Esto chamase principio de xerarquia normativa e impide que, ainda que o TREBEP estableza o seu carácter supletorio, NON se nos poida aplicar, pois unha norma superior dispón que para que se nos pague un concepto retributivo concreto debe estar explícitamente recollido na LOPX. De ahí que houbese que reformala SÍ ou SÍ, si queremos cobrar a Carreira Profesional.
Artículo 515
Los funcionarios de los Cuerpos al servicio de la Administración de Justicia a que se refiere este libro, sólo podrán ser remunerados por los conceptos retributivos que se establecen en esta ley orgánica.
Modificación da LOPX artigos 515 a 519


Non é un  capricho que si un concepto retributivo non  se recolle na LOPX non se pode pagar por ningunha Administración nin central nin autonómica, resulta que o di a LOPX, por iso STAJ loitou para que se recollese o Complemento da Carreira Profesional nesa Lei.
Resulta que os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia seguimos sendo Corpos nacionais e non se nos pode aplicar en materia retributiva as normas dirixidas ao persoal da Xunta de Galicia nin ao Sergas, nin sequera as do Estado, se non solo a LOPX, e  isto que sabe todo o mundo, resulta que non o teñen claro tódolos sindicatos, incluído UGT de Galicia, que noutro alarde de cinismo sen limite culpa a STAJ de non ter cobrado ata o momento en Galicia  a Carreira Profesional, por culpa de que fomos os que conseguimos que ese Complemento estivese recollido definitivamente na LOPX como un Complemento fixo, SI DESO SOMOS CULPABLES, a única verdade que din en toda a folla informativa, e poñen como exemplo que no Sergas e noutras Administracións levan tempo cobrando, claro os seus conceptos retributivos estan recollidos na Lei de Empreo Publico de Galicia, non na LOPX.
Como non lle explicaron isto mesmo os seus compañeiros de UGT de  Valencia que asinaron o Acordo de Valencia de 2016, tamén asinado por STAJ e outros Sindicatos,  onde se recoñece que non se pode establecer o complemento da Carreira Profesional mentres non estea recollido na LOPX .
O Acordo de Valencia di textualmente:
La Conselleria de Justicia, Administración Pública, Reformas Democráticas y Libertades Públicas se compromete a implantar la carrera profesional en el ámbito del personal funcionario del servicio de la Administración de Justicia transferido, una vez que el referido concepto retributivo sea recogido por la Ley Orgánica del Poder Judicial. A tal fin, impulsará ante las Cortes Valencianas la aprobación y tramitación de una proposición de ley para proceder a la reforma de dicha ley orgánica. Entre tanto se produce la referida reforma, se negociará la implantación de un programa de actuación…... Las retribuciones correspondientes a dicho programa de actuación quedarán subsumidas por aquellas que se determinen como Carrera Profesional una vez sea posible su implantación conforme a la Ley Orgánica del Poder Judicial….
Valencia, 5 de mayo de 2016 (Siguen las firmas y rúbricas de la presidenta de la Mesa Sectorial de Justicia y de las organizaciones sindicales STAJ, CCOO-PV, Intersindical y UGT-PV)
Acordo de Valencia, o plan de actuación está no fondo de todo


Como vedes neste Acordo UGT recoñece no ano 2106 que non se pode implantar a Carreira Profesional mentres non se reforme a LOPX, pero os Delegados dese mesmo sindicato en Galicia ainda non se enteraron que era necesaria esa reforma.
Por qué, si  fose como din,  e se poidese implantar a Carreira Profesional na Adminsitración de Xustiza sen necesidade de reformar a LOPX e poder negociala coa Administración autonómica, non está implantada como tal en ningunha Comunidade Autónoma?.
Non resultaría extrano que fose Galicia, e no ano 2019, a CCAA onde primeiro se implantase a Carreira Profesional en todo o Estado, podendo implantarse desde o ano 2007 ou incluso 2003, tal como manifesta falazmente este sindicato?.
Neste sentido debemos afirmar que nin houbo, nin hai negociación ningunha coa Xunta, nin para instaurar a Carreira Profesional, está claro que antes da reforma da LOPX non podían, nin outra cousa como fixeron en Valencia. Pero si se pudo e se pode aínda instaurar algo como un plan de actuación, eso non o impide a reforma da LOPX, pódese facer mañán mesmo, solo que a Xunta non quere nin oir falar nin da Carreira Profesional nin do Plan de Actuación, pero queira ou non, non terá máis remedio que  asumir o que veña de Madrid .
Menos mal que a este sindicato solo lle chegaron 5 meses, os que leva publicada a reforma da LOPX, para darse conta do “malísima”  e “nociva” que é para o colectivo de Xustiza que se recolla de xeito definitivo un novo Complemento retributivo fixo, daquela ainda quedaban lonxe as elección sindicais.

Realmente o que non lle gustou a UGT e que dixemos a verdade, e que nin eles nin ningún outro sindicato podía estar negociando nada coa Xunta, como andaban a decindo, primeiro por que non podían, segundo porque a Xunta nunca quixo, e terceiro porque teriamos que negociar tódolos sindicato que formamos a Mesa especifica de negociación, tal como di o seu propio pacto, e non solo os tres sindicatos “domesticados “ que o asinaron. 
Acordo de spj-uso, ugt e ccoo coa Xunta, mirar artigo 10


En fin, non imos perder máis o tempo rebatindo ocurrencias surxidas da mala intención e dirixidas a confundir e a buscar protagonismo  de cara as eleccións sindicais,  que demostran a falta de ideas e de traballo serio e responsable.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.