martes, 2 de abril de 2019

STAJ INFORMA: Nova fase do plan de recuperación do traballo por mor da folga.

O pasado mes de febreiro, e visto que xa non se falaba nada da tan necesaria prorroga do plan de recuperación do traballo perdido durante a folga que rematou en decembro, STAJ solicitou unha nova fase do plan nestes  terminos:

Fai mes e medio que rematou a derradeira fase do Plan de Actuación para a recuperación do traballo por mor da folga na Administración de Xustiza de Galicia. Máis dun ano despois do comezo da mesma segue sen recuperarse o traballo que se perdeu e que está acumulado en tódolos xulgados da Comunidade Autónoma, prexudicando aos cidadáns e as empresas que ven como o seus asuntos seguen estancados meses e meses sen que se lles dé unha solución.
Esta organización sindical bota de menos un plan serio, un plan ben deseñado que termine dunha vez cos retrasos e poña ao dia os xulgados de Galicia, xa de por sí cargados de traballo e nunha situación inasumible dende o termino do conflito.
Basta de plans de recuperación de escaparate que se anuncian nos medios de comunicación día tras día,basta de plans aos que se lle alongan o seu comezo no tempo  sen motivo, plans que non chegan a tódolos órganos, oficinas e servizos xudiciais ao mesmo tempo, plans que se estruturan e deseñan con ánimo de propaganda institucional, basta de plans dos que se difunden e  se publican a súa entrada en vigor e non chegan, que son solo fume, basta de tratar de enganar aos cidadáns, aos profesionais  e aos funcionarios/as.
A Administración de Xustiza necesita un plan que aborde dun xeito serio e responsable o problema, un plan que chegue a tódolos órganos, que se manteña no tempo e que se alonxe da propaganda afrontando a cuestión coa vontade real de solucionala, que sexa deseñado por e para o funcionarios/as de xustiza, que non se escude en intentos, que xa sabíamos fracasados, de querer contar cun especifico plan de recuperación para aqueles Corpos que non foron chamados a folga, Xuices, Fiscais e Letrados/as, o traballo acumulado está na mesas dos funcionarios/as e son eles/as as que teñen que sacalo.
En Canarias no ano 2000, no territorio do Ministerio en 2008 e máis recentemente en Cataluña no 2013, se crearon plans de recuperación que se materializaron aos poucos días do remate das folgas de xeito xeralizado, e se mantiveron no tempo ata o remate do colapso, plans que desde un principio buscaron poñer ao día, e canto antes, a pendencia nos xulgados, contando cos traballadores/as e os seus representantes, sen tratar de enganar a ninguén para que parecese o que non era.
SOLICITAMOS: unha nova fase do plan de recuperación do traballo, que abrangue a tódolos órganos, fiscalías, oficinas e servizos xudiciais de Galicia. Un plan serio e deseñado por e para os traballadores /as de xustiza, acordado cos seus representantes, un plan no que se invertan os cartos aforrados durante o conflito, un plan que se manteña o tempo suficiente para rematar co traballo acumulado pola folga e que poña o día toda a Administración de Xustiza.

Hoxe acabamos de enterarnos por unha chamada dun cargo da Xunta de Galicia que se está deseñando na Conselleria de Xustiza unha nova fase do plan de recuperación do traballo, que se levará a cabo en breve e que alcanzará a case todos los xulgados, oficinas e servizos xudiciais de Galicia. Se esto se confirma, pediremos que es plan se manteña o tempo suficiente para que se remate co atraso na tramitación e se poñan os xulgados e demáis oficinas ao día,  que non sexa solo de cara a galería como nos teñen acostumados OU DE CARA A SACAR UNS CANTOS VOTOS NAS PRÓXIMAS CITAS ELECTORAIS.
Estaremos atentos a que acontece nos próximos días e se realmemte ese presunto plan chega a tod@s e se materializa con vontade real de solucionar o problema da inasumible carga de traballo da Administración de Xustiza  de Galicia.


http://stajgalicia.blogspot.com/2019/02/staj-solicita-unha-nova-fase-do-plan-de.html


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.