lunes, 11 de febrero de 2019

STAJ solicita unha nova fase do plan de recuperación.

Hoxe mandamos esta SOLICITUDE  ao Director Xeral de Xustiza, Juán José Martín Álvarez pedindo uno plan de recuperación do traballo, a vista da insuficiencia e do chaupuceiro do plan realizado ata agora. Os xulgados galegos seguen atascados por mor da folga e a Xunta de Galicia o único que fai é dar largas e esperar a que o traballo acumulado sexa realizado aos poucos co único motor da boa vontade dos funcionarios, en ningún momento se pensa nun plan de recuperación que os incentive máis aló dunhas “migallas” consistentes en 20 horas de recuperación, 40 no mellor dos casos nalgúns Xulgados ou órganos xudiciais. De verdade pódese pensar seriamente que con 20 horas recupérase o atraso xerado polas máis de 200 horas de media de participación na folga de cada funcionarioNon entendemos o silencio cómplice dos sindicatos asinantes do Acordo, sí eses que iban a arranxar o mal pacto na Comisión de Seguemento, e que parecen conformarse co "moito e ben" que o está a facer a Xunta neste eido.

Deixamos a solicitude completa:

ENRIQUE ARAUJO MARTINEZ, en calidade de representante do Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ).

Fai mes e medio que rematou a derradeira fase do Plan de Actuación para a recuperación do traballo por mor da folga na Administración de Xustiza de Galicia. Máis dun ano despois do comezo da mesma segue sen recuperarse o traballo que se perdeu e que está acumulado en tódolos xulgados da Comunidade Autónoma, prexudicando aos cidadáns e as empresas que ven como o seus asuntos seguen estancados meses e meses sen que se lles dé unha solución.

Esta organización sindical bota de menos un plan serio, un plan ben deseñado que termine dunha vez cos retrasos e poña ao dia os xulgados de Galicia, xa de por sí cargados de traballo e nunha situación inasumible dende o termino do conflito.

Basta de plans de recuperación de escaparate que se anuncian nos medios de comunicación día tras día,basta de plans aos que se lle alongan o seu comezo no tempo  sen motivo, plans que non chegan a tódolos órganos, oficinas e servizos xudiciais ao mesmo tempo, plans que se estruturan e deseñan con ánimo de propaganda institucional, basta de plans dos que se difunden e  se publican a súa entrada en vigor e non chegan, que son solo fume, basta de tratar de enganar aos cidadáns, aos profesionais  e aos funcionarios/as.

A Administración de Xustiza necesita un plan que aborde dun xeito serio e responsable o problema, un plan que chegue a tódolos órganos, que se manteña no tempo e que se alonxe da propaganda afrontando a cuestión coa vontade real de solucionala, que sexa deseñado por e para o funcionarios/as de xustiza, que non se escude en intentos, que xa sabíamos fracasados, de querer contar cun especifico plan de recuperación para aqueles Corpos que non foron chamados a folga, Xuices, Fiscais e Letrados/as, o traballo acumulado está na mesas dos funcionarios/as e son eles/as as que teñen que sacalo.

En Canarias no ano 2000, no territorio do Ministerio en 2008 e máis recentemente en Cataluña no 2013, se crearon plans de recuperación que se materializaron aos poucos días do remate das folgas de xeito xeralizado, e se mantiveron no tempo ata o remate do colapso, plans que desde un principio buscaron poñer ao día, e canto antes, a pendencia nos xulgados, contando cos traballadores/as e os seus representantes, sen tratar de enganar a ninguén para que parecese o que non era.

SOLICITO: unha nova fase do plan de recuperación do traballo, que abrangue a tódolos órganos, fiscalías, oficinas e servizos xudiciais de Galicia. Un plan serio e deseñado por e para os traballadores /as de xustiza, acordado cos seus representantes, un plan no que se invertan os cartos aforrados durante o conflito, un plan que se manteña o tempo suficiente para rematar co traballo acumulado pola folga e que poña o día toda a Administración de Xustiza.

Pontevedra a 11 de febreiro de 2019.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.