Publicados novos avisos de
desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante
substitución entre titulares con data 1 de marzo de 2019.
As prazas ofértanse
conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De
acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal
funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo
activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das
substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios
de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense
pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan
desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de
longa duración.
Os/as interesados/as
nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis
dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións
entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde
de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a
que recollida na solicitude.
A información sobre
os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.