Publicados novos
avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante
substitución entre titulares con data 22 de marzo de 2019.
As prazas
ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou
horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as
substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es
situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia
a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados
operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos
prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se
atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos
de longa duración.
Os/as
interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao
Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás
substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas
ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha
das prazas, será a que recollida na solicitude.
A información sobre os postos ofertados podese consultar no documento Avisos de desocupación.
A información sobre os postos ofertados podese consultar no documento Avisos de desocupación.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.