O programa diríxese en xeral a todo
o persoal da Administración de xustiza en Galicia dos corpos de xestión
procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio
xudicial da Administración de xustiza en Galicia e, particularmente, a aquel
que accede a un novo posto de traballo.
Este programa ten como finalidade
capacitar o persoal funcionario dos corpos indicados para a realización das
tarefas básicas no desempeño dos postos de traballo, analizando as utilidades
fundamentais comúns do sistema de xestión procesual (Minerva), así como a
operatividade doutras ferramentas dispoñibles (Lexnet, Punto neutro
xudicial, etc.) e facilitar a integración deste persoal nos distintos
postos de traballo para os cales sexa nomeado, reducindo na medida do posible o
seu período de adaptación ao novo posto.
A
inscrición para o acceso aos contidos pódese facer en calquera momento a partir
do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
e ata o 20 de decembro de 2019.
VER DOGZona de matrícula - EGAP