martes, 26 de marzo de 2019

Convocada a bolsa de traballo de persoal interino en Galicia

Hoxe publícase no DOG a resolución que convoca as bolsas de traballo de persoal interino e que se regula según a Orde xa publicada de 4 de outubro do 2018.

CONFECCIÓN E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo para a presentaciónde solicitudes é de 15 días hábiles a contar dende  mañá día 27 de marzo.


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible no OPAX, no sitio web http://opax.xunta.es. Se non dispón de DNI electrónico ou tarxeta de identificación persoal ou calquera outro sistema válido de identificación, pódese acceder con usuario e contrasinal. Para darse de alta hai unha opción para rexistrarse como novo usuario.

Os pasos son os seguintes: IDENTIFICACIÓN no Opax - SOLICITUDE de inclusión nas bolsas (cubrir tódolos campos, nalgúns casos xa aparecerán precargados) - ACHEGAR a documentación acreditativa (artigo 6) (os documentos que se xunten deberán escanearse en formato PDF, sen que se admita ningún outro formato) -  VALIDAR e PRESENTAR

O número de teléfono que facilita a Dirección Xeral para dificultades técnicas é o 981 54 62 19

A presentación telemática é obrigatoria para o persoal integrante das bolsas de traballo e reserva actualmente vixentes. Para os demáis casos, tamén pode presentarse de forma telemática ou ben  pode imprimirse e presentarse nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, xunto coa documentación requirida. 


NON se admitirán as solicitudes que sexan presentadas por fax ou correo electrónico. Tampouco se admitirán as solicitudes en estado de borrador nin as que non estean validadas na aplicación informática.

Pode presentarse unha nova solicitude se houbera que corrixir algún dato sempre e cando sexa dentro do prazo se presentación (15 días hábiles a contar dende a publicación no DOG). Neste caso quedará anulada a anterior solicitude presentada. 

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA 

Debe presentarse coa solicitude.

Do mesmo xeito que as solicitudes, pode presentarse de dúas formas: 

TELEMÁTICA (formato PDF), que é obrigatoria para as persoas integrantes das bolsas de traballo e reservas actuais ou de forma manual. Estes son os pasos a seguir: CUBRIR o formulario- ANEXAR a documentación - PRESENTAR electrónicamente.


MANUALdeberá IMPRIMIR e CUBRIR  o formulario dispoñible na aplicación informática e RELACIONAR os distintos documentos que se presentan. Unha vez ASINADO o formulario deberá PRESENTALO , xunto coa documentación e a solicitude de inclusión na bolsa de interinos, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa do procedemento administrativo común.

Non será necesario presentar documentación acreditativa para aqueles solicitantes que estean conformes cos datos precargados na aplicación informática ao cubrir a solicitude. No caso de non estaren conformes con estes datos poderán modificalos, tendo que presentar a documentación acreditativa deles.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. 

REQUISITOS


Os requisitos para participar nestas bolsas están regulados no artigo 3 e son xerais e específicos. Deben reunirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os requisitos específicos son os seguintes:

Requisitos específicos:

a) Titulación. Deberá posuír, ou estar en condicións de obter, a titulación que se esixiu na última convocatoria publicada no BOE para acceder como persoal funcionario de carreira ao corpo de que se trate:

– Para o corpo de xestión procesual e administrativa: título de grao, diplomatura universitaria, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou equivalente.

– Para o corpo de tramitación procesual e administrativa: título de bacharelato ou técnico/a ou titulación equivalente.

– Para o corpo de auxilio xudicial: título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulación equivalente.

b) Ter aprobado algún exercicio de calquera das dúas últimas convocatorias de oposicións para o acceso ao corpo en cuxa bolsa solicita ser incluído, ou ter prestados servizos durante un período mínimo de seis meses no corpo a que se pretende acceder.

As dúas últimas convocatorias a que se refire o parágrafo anterior son as publicadas polas ordes do Ministerio de Xustiza:

– Xestión procesual e administrativa: Orde JUS/1165/2017, do 24 de novembro, e Orde JUS/2293/2015, do 19 de outubro.

– Tramitación procesual e administrativa: Orde JUS/1166/2017, do 24 de novembro, e Orde JUS/2684/2015, do 1 de decembro.

– Auxilio xudicial: Orde JUS/1164/2017, do 24 de novembro, e Orde JUS/2681/2015, do 1 de decembro.

c) Para a inclusión nos corpos de xestión procesual e administrativa e mais de tramitación procesual e administrativa deberá acreditarse a experiencia na utilización de tratamento informatizado de textos.

O persoal funcionario interino integrante de bolsas anteriores que se atope prestando servizos na data de publicación desta convocatoria terá a obriga de presentar a correspondente solicitude aos corpos a que queira optar, incluído o corpo en que os estea a desempeñar. De non facelo, poderá continuar no seu posto ata o seu cesamento, pero non será incluído de oficio pola Administración nas novas bolsas.

O persoal funcionario interino integrante de bolsas anteriores que NON se atope prestando servizos e que queira formar parte das novas bolsas tamén deberá presentar a correspondente solicitude aos corpos a que queira optar. En caso contrario, non será incluído de oficio pola Administración nas novas bolsas.