No BOE de hoxe xoves, 7 de marzo, publicouse o Real Decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, de
medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre
mulleres e homes no emprego e a ocupación, que modifica o Estatuto Básico do
Empregado Público, elevando o permiso de paternidade desde as 5 semanas actuais
ata as 8 semanas.
En 2020
pasarán a ser 12 e en 2021 chegará ata as 16 semanas, igualándose nese momento
ao permiso por maternidade. As dúas primeiras semanas deberanse inmediatamente
despois do parto, ou a decisión administrativa de adopción ou acollemento. As
seis semanas restantes poderán ser de goce ininterrompido , xa sexa con
posterioridade ás seis semanas inmediatas posteriores ao período de descanso
obrigatorio para a nai, ou posteriores ao final de permiso de maternidade da
nai ou de acollemento.
Esta medida
entrará en vigor a partir do día seguinte da súa publicación, aínda que ao ser
un Real Decreto Lei ha de ser validado polo Parlamento; como se disolveron as
Cortes ha de ser a Deputación Permanente quen o aprobe no prazo máximo de
trinta días.