miércoles, 13 de febrero de 2019

STAJ informa: convocados cursos de formación en materia de idiomas e informática

Tal como pediu STAJ en reiteradas ocasións, por fin a EGAP convoca actividades de formación continua en materia tanto de idiomas como de ofimática dirixida directamente, entre outros, aos funcionarios da Administración de Xustiza, modificando o criterio que tanto criticamos en anos anteriores de poder acceder sólo ás prazas sobrantes as que optaban os funcionarios de outras administracións. Deixamos tamén enlace a Xornada O papel da Administración local ante o novo mercado de distribución de carburantes de automoción

- Actividades formativas do Plan formativo ofimático de Galicia


1900 prazas en cursos de teleformación das cinco materias que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia dirixidas aos empregados públicos galegos e cunhas probas de avaliación descentralizadas nas seste grandes cidades galegas. 

Persoal destinatario: o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia e da administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).


Matrícula: desde as 8 horas do 13 de febreiro ás 23.55 horas do 22 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula
O número máximo de actividades que se poden solicitar limítase a tres.

Máis información no DOG do 12 de febreiro. 


- Actividades de formación continua en materia de idiomas



1750 prazas en cursos de lingua inglesa, francesa, alemá, portuguesa e lingua de signos. 

Requisitos dos/das participantes: poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).



Matrícula: desde as 8 horas do 13 de febreiro ata as 23.55 horas do 22 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula  O número máximo de solicitudes limítase a tres.

Probas de nivel

  • Nas actividades de teleformación: ata o 22 de febreiro estarán dispoñibles na aula virtual da EGAP probas de nivel orientativas.
  • Nas actividades presenciais: antes do seu comezo a EGAP convocarao a unha proba de nivel coa finalidade de crear grupos o máis homoxéneos posibles. 
Máis información no DOG do 12 de febreiro


- Xornada O papel da Administración local ante o novo mercado de distribución de carburantes de automoción

Data: 19 de febreiro de 2019
Lugar: Escola Galega de Administración Pública
Duración: 7 horas lectivas
Inscrición: desde as 8 horas do 12 de febreiro ata as 23.55 horas do 17 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula/
Máis información en https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2969





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.