jueves, 31 de enero de 2019

Reunión urxente coa Dirección Xeral para fixar criterios de cara ao vindeiro concurso de traslados

O vindeiro mes de febreiro prevese unha gran cantidade de movementos do persoal de xustiza por mor do concurso de traslados convocado no ano 2018. A casuistica que se prevé nos ceses e tomas de posesión en moitos órganos  xudiciais da Comunidade Autónoma galega abrangue, entre outros, os seguintes supostos:

-   órganos xudiciais con substitutos verticais que obtiveron praza no concurso e desexan continuar na substitución,
-   órganos con varios  interinos/as de reforzo
- órganos con interinos/as  ocupando prazas nas que vai cambiar a situación administrativa da persoa titular da praza.
-  órganos con varias persoas desempeñando postos en substitución vertical que, ao non haber rpts, non se sabe a orde no que deben cesar ou ben quén pode continuar na praza en caso de non incorporación efectiva do titular.

Estas circunstancias afectan directamente ás condicións do persoal de xustiza, e dende STAJ consideramos  imprescindible unha reunión urxente entre a Dirección Xeral de xustiza e todas  as organizacións sindicais para alcanzar criterios con garantías e transparencia respecto a estes supostos, e que a Dirección  Xeral de Xustiza dite unha instrucción detallada e pormenorizada  que resolva esta casuística en base a criterios obxectivos e transparentes de conformidade coa normativa vixente.

Por todo o exposto

SOLICITAMOS:


-Que a Dirección Xeral sinale data e hora para unha reunión conxunta coas organización sindicais co fin  de alcanzar criterios obxectivos, fiables e transparentes de interpretaciónnos supostos antes expostos.


 -Que a Dirección  Xeral de Xustiza dite una instrucción detallada e  pormenorizada  que resolva esta casuística en base a criterios obxectivos conforme á normativa vixente.

Solicitude telemática

Xustificante de presentación

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.