Na intranet sae publicada no dia de hoxe unha instrucción para pedir os dias adicionais correspondentes aos anos 2017 e 2018 a que fai referencia a disposición transitoria 2ª da Ley orgáncia 4/2018, do 28 de decembro, o personal funcionario deberá solicitar eses días adicionais cubrindo a solicitude de permiso de asuntos propios dispoñible na aplicación informática OPAX, indicando no campo "A cargo do ano administrativo" o ano 2018 e debendo facer constar no campo "Observacións" o ano ao que corresponden os dias solicitados (2017-2018) que, literalmente di asi:
"En relación co gozo dos días adicionais correspondentes aos anos 2017 e 2018 a que fai referencia a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 4/2018, do 28 de decembro, de reforma da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, o persoal funcionario deberá solicitar eses días adicionais cubrindo a solicitude de permiso de asuntos propios dispoñible na aplicación informática OPAX, indicando no campo "A cargo do ano administrativo" o ano 2018 e debendo facer constar no campo "Observacións" o ano ao que corresponden os días solicitados (2017 ou 2018).
A solicitude dos referidos días será posible facela na OPAX a partir do 31/01/2019. Se algún funcionario, tendo esgotados os días pendentes de 2018, desexa gozar destes días ao longo do mes de xaneiro, deberá facer a solicitude por medio de escrito que enviará, vía fax, á delegación correspondente. Lembramos que tanto os tres días adicionais correspondentes ao ano 2017 coma os tres días do ano 2018 poderán ser gozados ata o 31/12/2019. Por outra banda, tamén hai que salientar que os días de 2017 non se poderán acumular aos de 2018, nin aos de 2019 nin ás vacacións, e que igualmente os de 2018 tampouco se poderán acumular aos de 2019 nin ás vacacións. Estes días adicionais serán concedidos sempre e cando as necesidades do servizo queden cubertas".