lunes, 29 de octubre de 2018

STAJ mobilízase contra a reforma dos centros de destino.

STAJ CONVOCA CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS E DELEGADAS, INVITANDO A TÓDOLOS FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS DE MADRID  A QUE POIDAN UNIRSE A CONCENTRACIÓN DIANTE DO MINISTERIO DE XUSTIZA O DÍA 31 DE OUTUBRO DO 2018 ÁS 12:00 HORAS (ata as 13:30 horas) 

Protéstamos contra a unificación dos centros de destino de cada concello nun só, (acordado pola Comisión de Xustiza do Congreso dos Diputados). Agora atópase pendiente de aprobación polo Pleno do Congreso e polo Senado.

Da lástima que o persoal de xustiza fora utilizado como moeda de cambio na negociación seguida polos grupos parlamentarios na que para acadar a introdución de propostas no texto definitivo da reforma (relativas á composición e funcionamento do  CGPX), permitiuse anular case por completo o dereito a elixir os nosos postos de traballo.

O novo artigo 521 da LOPX quedará redactado (en canto á definición dos centros de destino) do seguinte xeito: 

"Entendenderase por centro de destino o conxunto dos postos que radiquen no mesmo concello que estén servidos por funcionarios ao servizo da administración de xustiza".

Ademáis introdúcese o seguinte parágrafo, referido á asignación de postos de traballo dentro do centro destino:

"A asignación dos funcionarios aos postos de traballo incluidos no mesmo centro de destino efectuarase dacordo con criterios obxectivos relacionados coas necesidades do servizo e as cargas de traballo, con respeto ás condicións económicas dos funcionarios e previa negociación das organizacións sindicais, nos términos nos que reglamentariametne se establezan"

De aprobarse esta reforma, que contou con voto favorable de todos os Grupos excepto Ciudadanos, non poderemos volver elixir os nosos centros de destino dentro de cada municipio; pois a asignación dos postos non se fará segundo as nosas preferencias, senón segundo "criterios obxectivos baseados nas necesidades do servizo e nas cargas de traballo".

Aínda non se aprobou a perigosísima modificación doutros artigos, como o 462 da LOPX -que permitía ao director do centro de destino asignarnos calquera función do mesmo-, o certo é que coa nova redacción do artigo 521 certifícase, de facto, a morte dos concursos de traslados dentro dun municipio, e éstes servirán só para optar á localidade, pero non a cada posto da localidade, pois será outro - quen estableza o Regulamento- , quen nos asigne o posto de traballo onde desempeñaremos as nosas funcións.

STAJ non pode permitir este ataque ás condicións de traballo do persoal de Xustiza, e por iso mobilizarémonos con contundencia ata conseguir a retirada da reforma.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.