jueves, 25 de octubre de 2018

Orde sobre selección e nomeamento de persoal interino


No día de hoxe publicouse no DOGA a ORDE do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.


A citada norma entra en vigor aos 15 días da súa publicación no DOG.

A disposición adicional terceira da citada norma establece que:

"O persoal interino e as persoas que figuren incluídas nas bolsas de traballo e de reserva estarán obrigados a relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, así como a recibir por medios electrónicos as notificacións e comunicacións que se lles dirixan, para o que deberán formalizar as correspondentes altas nos sistemas habilitados pola Administración para estes efectos.

Para dar cumprimento ás obrigas derivadas desta orde, tanto o persoal interino que estea prestando servizos coma as persoas que figuran incluídas nas vixentes bolsas de traballo e reserva disporán do prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta norma no Diario Oficial de Galicia, para formalizaren a alta no sistema Notific@. Finalizado o dito prazo, a Administración creará de oficio o enderezo habilitado único daquel persoal que non tramitase a alta no sistema Notific@."

Podes acceder dende o seguinte enlace: 

https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login

Esta orde publícase unilateralmente sen que houbera mesa sectorial e sen que fosemos chamadas as organización sindicais. Polo que a Xunta de Galicia segue a facer o que lle peta.





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.