Onte a mañan recibimos un mail da Dirección Xeral que nos comunicaba seguinte:
Como sabedes, a Inspección de Traballo da Coruña requiriu desta Administración que se garanta que todos os funcionarios reciban formación en materia de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais.

Esta formación ten, por tanto, carácter obrigatorio para o persoal.
Dada a imposibilidade de ofertar o curso a todos os traballadores de forma simultánea, a primeira convocatoria irá destinada aos funcionarios con destino no partido xudicial da Coruña, e se realizarán convocatorias posteriores para os restantes partidos xudiciais de Galicia.
Esta primeira convocatoria sairá previsiblemente publicada no DOG do día 05/10/2018.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.